Presidente de Malta

(Redirección desde «Lista da presidencia de Malta»)

O presidente é o xefe de estado de Malta. O cargo foi creado o 13 de decembro de 1974 cando Malta constituíuse en república e o último gobernador-xeral, Sir Anthony Mamo foi nomeado presidente.

Bandeira do presidente de Malta.

Así como os monarcas británicos, o Presidente de Malta é un xefe de estado constitucional, posto que o poder executivo correspóndelle ao Primeiro Ministro. O Presidente é elixido por unha Cámara de representantes (maltés Kamra tar-Rappreżentanti) unicameral. A primeira muller que ocupou o cargo de Presidente foi Agatha Barbara, antiga ministra de Traballo. A actual Presidenta é Marie-Louise Coleiro Preca.

Esta é a lista dos presidentes de Malta despois de 1974.

Nome Imaxe Inicio do mandato Fin do mandato
Anthony Mamo 13 de decembro de 1974 27 de decembro de 1976
Anton Buttigieg 27 de decembro de 1976 27 de decembro de 1981
Albert Hyzler 27 de decembro de 1981 15 de febreiro de 1982
Agatha Barbara 15 de febreiro de 1982 15 de febreiro de 1987
Paul Xuereb 15 de febreiro de 1987 4 de abril de 1989
Ċensu Tabone 4 de abril de 1989 4 de abril de 1994
Ugo Mifsud Bonnici 4 de abril de 1994 4 de abril de 1999
Guido de Marco 4 de abril de 1999 4 de abril de 2004
Edward Fenech Adami 4 de abril de 2004 4 de abril de 2009
George Abela 4 de abril de 2009 4 de abril de 2014
Marie-Louise Coleiro Preca 4 de abril de 2014 presente