Lisardo Gómez
adestrador de baloncesto galego
Lisardo Gómez González,[1] nado en Lugo o 8 de outubro de 1974, é un adestrador profesional de baloncesto galego. Tras ser xogador e adestrador do Estudiantes de Lugo, pasou a ser adestrador asistente de Rubén Domínguez do Club Baloncesto Breogán e, trala destitución do mesmo, pasou a facerse cargo do cadro de xogadores durante dous días até a chegada de Pepe Rodríguez. Trala marcha do último faise cargo como adestrador principal do club. O 16 de marzo de 2016, vese obrigado a deixar temporalmente o club debido a unha baixa indefinida por enfermidade, sendo substituído polo seu compañeiro Quique Fraga.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de outubro de 1974 (50 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | adestrador de baloncesto |
Deporte | baloncesto |
Traxectoria
editar- Estudiantes de Lugo (base) (2004-2005)
- Estudiantes de Lugo (EBA; (2005-2009)
- Club Baloncesto Breogán (Sub-20) (2007-2009)
- Club Baloncesto Breogán (LEB; 2010, 2012-2016)
- Asistente dende 2007.
- Adestrador principal do 12 ao 14 de decembro de 2010.
- Asistente dende o 14 de decembro de 2010.
- Adestrador principal dende o 17 de decembro de 2012.
Palmarés
editarNotas
editar- ↑ "Lisardo Gómez González. Balongest". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2010. Consultado o 12 de decembro de 2010.
- ↑ Lisardo Gómez deixa o Breogán