Abrir o menú principal

Lino Tejada Rodríguez

policía e político galego

Lino Tejada Rodríguez, nado en Mugueimes (Muíños) o 8 de febreiro de 1901 e finado en Xaén o 20 de setembro de 1940, foi un policía e político galego.

Lino Tejada Rodríguez
Nacemento8 de febreiro de 1901
 Muíños
Falecemento20 de setembro de 1940
 Xaén
CausaFusilamento
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolicía e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Segundo fillo de Javier Tejada Armada e Segunda Rodríguez Rodríguez. Na segunda metade da década dos vinte era funcionario policial. En 1936 formaba parte do servizo de seguridade do gobernador civil de Xaén. Foi designado delegado especial gobernativo polo gobernador civil Manuel Martín Galeano, para neutralizar o amotinamento da garda civil acantonada no santuario da Virxe da Cabeza na Serra Morena, a 32 quilómetros de Andújar. Foi gobernador civil interino "sen nomeamento" de Alacant o 27 de febreiro de 1939 e só ocupou o cargo durante menos de tres semanas, sendo cesado o 17 de marzo de 1939 polas autoridades do Consello Nacional de Defensa (CND), sendo substituído por Manuel Rodríguez Martínez. Foi fusilado 20 de setembro de 1940.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Morais, Carlos (2019). Centro Cultural Popular do Limia, ed. "Aproximaçon biográfica de Lino Tejada Rodríguez". Lethes. Cadernos culturais do Limia (14): 100–127. 

Ligazóns externasEditar