Este artigo trata sobre o programa de TV, para o filme vexa Linha de Passe (filme)

Linha de Passe é un programa deportivo brasileiro da ESPN Brasil. É unha mesa-redonda con comentaristas da televisión brasileira como José Trajano, Juca Kfouri, Paulo Vinicius Coelho, João Palomino, Fernando Calazans e Márcio Guedes.

Historia editar

Naceu en 1998 en plena cobertura da Copa do Mundo de 1998, na Francia. Estaba presentado por Milton Leite con comentarios de José Trajano, Antero Greco, Paulo Calçade e outros analistas. O programa continuouse emitindo e participando en outras dúas copas: a de 2002, na Corea do Sur e o Xapón (Que a ESPN Brasil non transmitiu) e a de 2006, en Alemaña.

Aos poucos, outros comentaristas foron saíndo (como Tostão, Paulo César Vasconcellos, Cláudio Carsughi, Jorge Kajuru, Antero Greco) e outros entrando como Paulo Vinícius Coelho, Juca Kfouri, Márcio Guedes e Fernando Calazans. O actual presentador, João Palomino está aí dende 2005, despois de Paulo Soares.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar