Lingwa de planeta
A Lingwa de planeta (tamén Lidepla, LdP) é unha lingua auxiliar internacional, cuxo desenvolvemento empezou en 2006 na cidade de San Petersburgo, liderado por Dmitri Ivanov. A versión inicial da lingua publicouse en 2010. Lidepla baséase nas linguas máis faladas do mundo, é dicir, o árabe, o chinés, o inglés, o francés, o alemán, o hindi, o persa, o portugués, o ruso e o castelán.
Lingwa de planeta | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Lidepla, LdP | |
Creado por: | Dmtri Ivanov | 2010 |
Emprego e uso: | Lingua auxiliar internacional | |
Total de falantes: | 50 | |
Categoria (propósito): | ||
Categoria (fontes): | Castelá, alemán, inglés, francés, chinés, árabe, ruso, hindi, persa, portugués | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Ningún país. | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: |
| |
Mapa | ||
Status | ||
Concepto
editarA idea principal era crear un todo harmonioso baseándose nas linguas nacionais máis faladas e influentes do planeta. Diso sae como resultado o vocabulario de Lidepla, o cal contén unha cantidade significante de palabras non europeas, facendo de Lidepla un worldlang. Un principio xeral seguido na creación de Lidepla foi o ter algo en común coas linguas da maioría dos habitantes da Terra[1][2].
Equipo do proxecto e uso da lingua
editarO líder do proxecto é un psicólogo, Dmtri Ivanov. Ele sentou as bases da lingua. As lingüistas A. Vinogradova e E. Ivanova axudaron durante a primeira etapa o desenvolvemento de Lidepla. En 2007 A. Lysenko uniuse e converteuse na lingüista principal do proxecto[1].
Desde o comezo o proxecto foi aberto e amplamente discutido en varios grupos de “conlanger”2 . Por agora (2014) máis de 15 persoas contribuíron á lingua de forma considerable (isto é, traballaron no vocabulario e a gramática, traduciron obras e textos orixinais, incluídas cancións)[1], por non falar dos que participaron nos debates.
Neste momento, a lingua úsase en comunicación real, principalmente por Internet (Facebook, Yahoo etc.). Unhas 15 persoas dominan a lingua, e unhas 50 pódena usar para comunicarse[1] . Hai moitos textos traducidos, incluíndo algúns bastante longos como Alicia no País das marabillas, de Lewis Carroll 3 e algúns contos. Existen cancións traducidas e cantadas, incluíndo un álbum do cantante profesional Jonny. M e subtítulos para debuxos animados e películas (como a película rusa Ivan Vasilievich: Volta ao Futuro)[1].