Lingui, les liens sacrés

filme de 2021 dirixido por Mahamat-Saleh Haroun

Lingui, les liens sacrés[1] é un filme de 2021 escrito e dirixido por Mahamat Saleh Haroun.[2] É unha coprodución internacional entre o Chad, Francia, Alemaña e Bélxica. En xuño de 2021, o filme foi escollido para competir pola Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2021.[3][4] Foi escollido como candidato do Chad para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 94ª edición dos premios,[5] mais finalmente non foi nomeado.

Lingui, les liens sacrés
Ficha técnica
Título orixinalLingui, les liens sacrés
DirectorMahamat Saleh Haroun
ProdutorFlorence Stern
GuiónMahamat Saleh Haroun
IntérpretesAchouackh Abakar Souleymane
Rihane Khalil Alio
MúsicaWasis Diop
FotografíaMathieu Giombini
MontaxeMarie-Hélène Dozo
EstreaFestival de Cannes: 8 de xullo de 2021
Duración87 minutos
OrixeChad Chad
Francia
Alemaña Alemaña
Bélxica Bélxica
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt13846546 Allocine: 275175 Rottentomatoes: m/lingui_the_sacred_bonds Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Nos arredores de Xamena, no Chad, Amina vive soa coa súa única filla Maria, de 15 anos de idade. O seu mundo xa fráxil derrúbase o día en que descobre que a súa filla está embarazada. A adolescente non quere este embarazo. Nun país onde o aborto non só está condenado pola relixión, senón tamén pola lei, Amina atópase ante unha batalla que parece perdida de antemán.

Personaxes editar

  • Achouackh Abakar Souleymane como Amina
  • Rihane Khalil Alio como Maria
  • Youssouf Djaoro como Brahim

Notas editar

  1. "Cannes Competition Contender 'Lingui, The Sacred Bonds' Snapped Up by Mubi for North America, U.K. & More". Variety. Consultado o 11 de novembro de 2021. 
  2. "Lingui". Cineuropa. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  3. "Sean Penn, Wes Anderson, Ildikó Enyedi Join 2021 Cannes Lineup". The Hollywood Reporter. 3 de xuño de 2021. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  4. "Cannes Film Festival 2021 Lineup: Sean Baker, Wes Anderson, and More Compete for Palme d'Or". IndieWire. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  5. "Oscars International Race 2021: Complete List of Entries". The Wrap. Consultado o 10 de novembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar