Linguaxe dos alienados
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2014.) |
A función da linguaxe pódese ver afectada por determinados trastornos psicolóxicos que poden afecta-lo ritmo da palabra ou revestir alteracións máis profundas. De entre as modificacións da linguaxe dos alienados destacan:
- logorrea nos maníacos;
- expresión pobre e, ás veces, estereotipada nos melancólicos;
- coprolalia nos afectos de tics;
- arritmomanía; fórmulas conxugatorias nos obsesos;
- síndroma de Ganser, é dicir, respostas incongruentes e sistemáticas, observadas en esquizofrénicos e nalgúns casos histéricos;
- linguaxe elíptica, en ocasións con estilo telegráfico, propia dos amnésicos profundos e algúns dementes;
- linguaxe amaneirada (perífrases, preciosismo, formulacións rebuscadas etc.) de certos débiles mentais e esquizofrénicos;
- linguaxe pueril, de atrasados e dementes, fundamentalmente senís;
- estereotipias dos esquizofrénicos, entre outros;
- neoformacións verbais, glosolalia etc.
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |