Linguaxe compilada

Unha linguaxe compilada é unha linguaxe de programación que tipicamente se implementa mediante un compilador. Isto implica que unha vez escrito o programa, este tradúcese a partir do seu código fonte por medio dun compilador nun arquivo executable para unha determinada plataforma (por exemplo Solaris para Sparc, Windows NT para Intel etc.).

Características editar

As linguaxes compiladas son linguaxes de alto nivel nas que as instrucións tradúcense da linguaxe utilizada a código máquina para unha execución rápida. Pola contra unha linguaxe interpretada é aquela na que as instrucións tradúcense ou interpretanse unha a unha sendo tipicamente unhas 10 veces máis lentos que os programas compilados.

É teoricamente posible escribir un compilador ou un intérprete para calquera linguaxe, con todo nalgunhas linguaxes unha ou outra implementación é máis sinxela porque se deseñan cunha implementación en particular en mente.

Algunhas contornas de programación inclúen os dous mecanismos, primeiro o código fonte tradúcese a un código intermedio que logo se interpreta nunha máquina virtual, pero que tamén pode compilarse xusto antes de executarse. A máquina virtual e os compiladores Just in Time de Java son un exemplo diso.

Exemplos de linguaxes compiladas editar

Algúns exemplos típicos de linguaxes compiladas son:

Véxase tamén editar

Outros artigos editar