As linguas bihari son o grupo occidental de linguas indoarias, faladas en Bihar, Uttar Pradesh e outros estados veciños da India. O angika, o awadhi, o bajjika, o bhojpuri, o magahi e o maithili tamén se falan no Nepal. A poboación de fala angika, awadhi, bajjika, bhojpuri, magahi e maithili forma máis do 21% da poboación nepalesa. Malia o importante número de falantes destas linguas, non teñen recoñecemento constitucional na India, agás o maithili, que acadou o status constitucional no 2003 .[1] Mesmo en Bihar, o hindi é empregado na educación e nos asuntos oficiais.[2] Estas políticas estatais e nacionais están a crear unhas condicións que ameazan ás linguas.[3] Despois da independencia, o hindi obtivo o seu status no estado a través da Acta da Lingua Oficial de Bihar, en 1950.[4]

Distribución das linguas bihari.

Notas editar

  1. "The Constitution (Ninety-Second Amendment) Act, 2003". National Portal of India. 7 de xaneiro 2004. Consultado o 11 de abril de 2015. 
  2. Damani, Guarang (2015). "History of Indian Languages". Die-hard Indian. Consultado o 11 de abril de 2015. 
  3. Verma, Mahandra K. "Language Endangerment and Indian languages : An exploration and a critique". 
  4. Brass, Paul R. (8 de setembro de 1994). The Politics of India Since Independence (2ª ed.). Cambridge University Press. p. 183. ISBN 9780521459709. Consultado o 11 de abril de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar