A lingua yugh (IPA: [ɟuk]) foi unha lingua ieniseiana extinta, próxima á lingua keta. Era falada polo pobo yugh, un dos grupos meridionais que habitaban a rexión do río Ienisei, no centro de Siberia.[1]

Yugh
Pronuncia:[ɟuk]
Falado en: Rusia
Rexións: Río Ienisei
Total de falantes: 0 (2023)
Familia: Linguas na-dené
 Linguas ieniseianas
  Yugh
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: yug
Mapa
Yenisean_languages
Status
Lang Status 01-EX

Clasificación editar

O yugh considerábase un dialeto do keta, anteriormente clasificada como unha lingua illada. Por iso, era coñecido como keta sureño. Porén, para o pobo keta é un idioma distinto.

Na actualidade, considéranse emparentadas coa familia na-dené.[2]

Extinción editar

Na década dos noventa, apenas quedaban tres falantes nativos de yugh, polo que se consideraba funcionalmente extinta. No censo do 2010, só consta un membro do pobo yugh.[3]

Notas editar

  1. "East Asian Studies 210 Notes: The Ket". web.archive.org. 2019-04-06. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2019. Consultado o 2023-12-27. 
  2. "Dene-Yeniseic Symposium, February 2008". web.archive.org. 2009-05-26. Archived from the original on 26 de maio de 2009. Consultado o 2023-12-27. 
  3. "2010 census data". web.archive.org. 2021-10-06. Archived from the original on 06 de outubro de 2021. Consultado o 2023-12-27. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar