O wymysorys (wymysiöeryś), tamén coñecido como vilamoviano, é unha lingua xermánica falada na pequena vila de Wilamowice, en Polonia (Wymysoü en wymysorys), na fronteira entre Silesia e Pequena Polonia, preto de Bielsko-Biała.[3][4] Está considerada unha lingua seriamente ameazada,[3] xa que ten arredor de 70 ou 100 falantes nativos,[3][5] todos eles bilingües e a maioría de avanzada idade.[3] Así e todo dende o século XXI o wymysorys amosa signos de revitalización, ensínase a lingua na escola local, aparecen novos autores e a lingua recobra paseniñamente a súa función comunicativa [6] e signo de identidade local.

Wymysorys
Wymysiöeryś
Outros nomes:Vilamovian
Falado en: Polonia
Rexións: Wilamowice
Total de falantes: 20 (2017)[1]
Familia: Indoeuropea
 Xermánica
  Xermánica occidental
   Alto alemán
    Wymysorys
Escrita: Alfabeto latino
Regulado por: Non está regulado
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: wym
Mapa
Status

O wymysorys está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar