Lingua tangut

lingua do pobo tangut

O tangut (chinés tradicional: 西夏語; pinyin: Xī Xiàyǔ; lit. "lingua Xia occidental") é unha lingua morta da familia sino-tibetana.

Lingua tangut
Falado en: Dinastía Xia occidental
China
Extinción: c. 1502
Familia: Linguas sino-tibetanas
 Linguas tibeto-birmanas
  Linguas burmo-qiángicas
   Linguas qiángicas
    Lingua tangut
Escrita: Escritura tangut
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: txg
Mapa
Jin_Dynasty_1141_(no_borders)
     Dinastía Xia occidental
     Dinastía Jin
     Dinastía Song
Status

Historia

editar

Foi unha das linguas oficiais da dinastía Xia occidental, fundada polo pobo tangut no noroeste da China. Os Xia occidentais foron eliminados polo imperio mongol en 1226.[1] A lingua tangut posúe o seu propio sistema de escritura, a escrita tangut. O derradeiro texto coñecido redactado en tangut son os piares dharani tangut, que datan de 1502.[2] Xa que logo, a linguaxe escrita sobreviviu á dinastía Xia case trescentos anos.

Clasificación

editar

Dende a década de 2010, os lingüistas adoitan clasificar o tangut entre as linguas qiángicas ou as gyalrong.[3][4] En base á evidencia morfolóxica e léxica, algúns expertos agrúpano coas linguas gyalrong occidentais,[5] namentres outros o asocian coa lingua horpa.[6]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar