Lingua sidamo

lingua afroasiática

A lingua sidamo é unha lingua afroasiática pertencente á póla de linguas cuxitas. É falada en parte do sur de Etiopía polo pobo sidama, particularmente na zona Sidama. "Sidaamu Afoo" é o autónimo étnico para a lingua, mentres que "sidaminya" é o nome en lingua amhárica. Aínda que non se coñece ningún dialecto específico, comparte máis dun 64% de semellanza léxica co alaba-k'abeena, un 62% co kambaata e un 53% co hadiyya, tódalas cales son linguas faladas no suroeste de Etiopía. A orde de palabras é suxeito-obxecto-verbo. O sidamo ten máis de 100 000 falantes como segunda lingua. O grao de alfabetización dos falantes como primeira lingua é de 1%-5%, mentres que os de segunda lingua é de 20%. En termos de escrita, o sidamo empregou o alfabeto ge'ez até 1993, e dende entón emprega o alfabeto latino.[1]

Sidamo
Sidaamu Afoo
Falado en: Etiopía
Rexións: África oriental
Total de falantes: 3 millóns (2010)
Familia: Afroasiática
 Cuxita
  Cuxita oriental
   Sidamo
Escrita: Alfabeto latino
Alfabeto ge'ez (antigamente)
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: sid
ISO 639-3: sid
Mapa
Status

Notas editar

  1. Raymond G. Gordon Jr., ed. 2005. Ethnologue: Languages of the World. 15th edition. Dallas: Summer Institute of Linguistics.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gasparini, Armido (1983) Sidamo-English dictionary. Boloña: E.M.I.
  • Hudson, Grover (1989) Highland East Cushitic Dictionary (Kuschitische Sprachstudien 7). Hamburgo: Buske.
  • Sileshi Worqineh e Yohannis Latamo (1995) Sidaamu-Amaaru-Ingilizete Afii Qaalla Taashsho [Dicionario sidaama-amhárico-inglés]. Awasa: Sidaamu Zoone Wogattenna Isporte Biddishsha.