Lingua serrano

lingua tákica da familia uto-azteca

A lingua serrano (Maarrênga'twich) é unha lingua tákica da familia uto-azteca, falada tradicionalmente polo pobo serrano do sur de California. A lingua está estreitamente relacionada co tongva, co tataviam, co kitanemuk e co vanyume. O serrano ten orde de palabras libre coa única regra de que os verbos adoitan ir en último lugar.[3]

Serrano
Maarrênga'twich
Falado en: Estados Unidos de América
Rexións: Sur de California
Total de falantes: 6 falantes autoidentificados (2009-2018)[1]
Familia: Uto-azteca
 Uto-azteca do norte
  Tákica
   Serrano
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: ser
Mapa
Status

O serrano está clasificado como morta polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

Falantes editar

De acordo con Ethnologue, había un falante no ano 1994.[4] A derradeira falante con total fluidez foi Dorothy Ramon, quen morreu en 2002.[5] Durante os últimos anos da vida de Dorothy Ramon, traballou co lingüista Eric Elliot. Xuntos escribiron un libro chamado Wayta' Yawa' (Cre sempre). Este libro foi escrito en serrano e en inglés e nel fálase da cultura serrano e da vida de Dorothy Ramon, que á súa vez salvou a lingua serrano da completa extinción. Despois da morte de Dorothy Ramon, a lingua considérase agora latente, xa que os esforzos de revitalización permitiron que a lingua sobreviva dalgunha forma.[6]

Os serranos referíanse a si mesmos tradicionalmente como "maarrênga'yam" que significa "pobo de Maarra". (Maarra' é considerada como a moderna cidade de Twentynine Palms) ou yuhaviatam, que quere dicir "xente dos piñeiros". Os serranos vivían orixinalmente na zona preto do río Mojave e nas montañas de San Bernardino do sur de California. En 1891, o goberno dos Estados Unidos estabeleceu a reserva de San Manuel para os serranos, lugar onde viviron moitos dos seus últimos falantes. En 1967, o investigador Kenneth Cushman Hill observou que unhas 6 persoas aínda falaban a lingua agora inactiva.[7] No presente, o sobriño de Dorothy Ramon é visto como a última persoa que é capaz de falar a lingua con fluidez.

Revitalización da lingua editar

A lingua considerouse extinta logo da morte da súa derradeira falante nativa en 2002, mais hai intentos de revivila.[8] Tanto nas reservas de San Manuel e Morongo[9] estanse a levar a cabo medidas para ensinar a lingua, a historia e cultura do pobo serrano. A profesora da lingua serrano Pauline Murillo axudou a elaborar un CD ROM interactivo para aprender serrano.[9] En 2013 desenvolvéronse aplicacións e xogos, e o Proxecto de Dinamización da Lingua Serrano (SLRP) da Banda de San Manuel busca desenvolver máis recursos multimedia para estudantes da lingua.[10] En maio de 2013, a Universidade Estatal de California, San Bernardino anunciou que ofrecería clases de lingua serrano aos seus estudantes.[6]

O proxecto Limu ofrece cursos en liña en nos dialectos maarrênga' (dialecto da reserva Morongo) e yuhaviat (dialecto de San Manuel).[11] A lingua serrana foi tradicionalmente unha lingua de transmisión oral e o uso do alfabeto non se utilizou até a década de 1990. A partir de 2005 desenvolveuse un novo alfabeto, con 47 letras, incluída unha oclusiva glotal.[5] A Universidade de California nos Ánxeles conta cunha gravación dun falante de serrano lendo unha lista de palabras.[12] O serrano está en proceso de engadirse a Google Translate.

A organización Endangered Languages Project clasifica o serrano na etapa do "espertar", o que significa que a lingua perdeu os seus falantes nativos e fluídos e pode considerarse "extinta" pero ten en marcha proxectos de dinamización para preservar o coñecemento da lingua e do pobo serrano.

Notas editar

  1. "Detailed Languages Spoken at Home and Ability to Speak English". www.census.gov (en inglés). US Census Bureau. Consultado o 2017-11-17. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Pritzker, Barry (2000). A Native American Encyclopedia: History, Culture, and Peoples. Oxford University Press. 
  4. "Serrano". 
  5. 5,0 5,1 Edwards, Andrew (2006-12-05). "Saving the Serrano tongue". San Bernardino County Sun. Arquivado dende o orixinal o 2013-01-30. Consultado o 2013-05-08. 
  6. 6,0 6,1 David Olson (2013-05-31). "CAL STATE: University offers Serrano language class". Press-Enterprise. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2013. Consultado o 2013-06-05. 
  7. Hill, Kenneth Cushman. "A Grammar of the Serrano Language". University of California. 1967.
  8. "iLearn Course Portal - iLearn". ilearn.limuproject.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2018. Consultado o 23 de maio de 2023. 
  9. 9,0 9,1 David Olson (2011-01-26). "Pauline Murillo, 76, San Manuel tribal elder". PE.com - Press-Enterprise. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2013. Consultado o 2012-08-10. 
  10. "San Manuel Band of Serrano Mission Indians: Education". Arquivado dende o orixinal o 2013-04-15. Consultado o 2013-05-08. 
  11. "iLearn Course Portal - iLearn. Serrano Dialects Maarrenga' (Morongo Band "Serrano" dialect); Yuhaviat (Santos Manuel Band "Serrano" dialect)". The Limu Project. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2018. Consultado o 2013-05-08. 
  12. "Endangered Languages Project - Serrano - ser_word-list_1980_01". www.endangeredlanguages.com. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Smith, Marcus e Ixchel Keller (2010). "Speaking Serrano: Revitalizing a Native Language". News from Native California 24 (1). Arquivado dende o orixinal o 2013-02-02. Consultado o 2013-05-08. 
  • Pritzker, Barry. "A Native American Encyclopedia: History, Culture, and Peoples. Oxford University Press. 2000.
  • Hill, Kenneth Cushman. "A Grammar of the Serrano Language". University of California, Los Angeles. 1967.