Lingua kitanemuk

lingua tákica da familia uto-azteca

A lingua kitanemuk foi unha lingua tákica da familia uto-azteca. Estaba estreitamente relacionada coa lingua serrano, da cal pode ser un dialecto. Falouse nas montañas de San Gabriel e nos arredores dos montes do sur de California. Os derradeiros falantes da lingua viviron até a década de 1940, aínda que o último traballo de campo realizouse en 1937. John Peabody Harrington tomou abondosos apuntamentos en 1916 e 1917, o que permitiu un coñecemento bastante detallado da lingua.

Kitanemuk
Falado en: Estados Unidos de América
Rexións: Sur de California
Total de falantes:
Familia: Uto-azteca
 Uto-azteca do norte
  Tákica
   Serrana
    Kitanemuk
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa

A lingua kitanemuk (sinalada en verde no norte).
Status

O kitanemuk está clasificado como morta polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Anderton, Alice J. (1988). The Language of the Kitanemuks of California. PhD. diss., Universidade de California, Os Ánxeles.
  • Mithun, Marianne (1999). The Languages of Native North America. Cambridge: Cambridge University Press.