Lingua paya
lingua da familia chibcha falada en Honduras
O pech ou pesh é unha lingua chibcha falada polo pobo pech en Honduras. Antes coñecíase como paya, e segue a ser referido deste xeito por varias fontes, aínda que hai connotacións negativas asociadas a este termo.[3] Alternativamente, tamén se coñece como seco, bayano, taia, towka e poyuai.[4] Segundo Ethnologue había uns mil falantes en 1993. Fálase preto da costa centro-norte de Honduras, no concello de Dulce Nombre de Culmí, no Departamento de Olancho.
Paya Pech | ||
---|---|---|
Falado en: | Honduras | |
Rexións: | Departamento de Olancho | |
Total de falantes: | 300 (2007)[1] | |
Familia: | Americana Chibcha Paya | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | pay
| |
Mapa | ||
Status | ||
Crese que o pech ten orixe suramericana, xa que comparte raíces semellantes coa lingua kuna de Panamá.[5] O pech é a única lingua chibcha que queda en Honduras[6] e está clasificada como lingua en grave perigo de extinción.
Notas
editar- ↑ "A lingua paya en Ethnologue". Consultado o 8 de maio de 2019.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Santacruz, Pedro (1 de setembro de 2021). "Honduras. The Pech people. “We belong to the earth and to the earth we shall return”.". SouthWorld.
- ↑ "Paya". MultiTree: A Digital Library of Language Relationships. LINGUIST List.
- ↑ Martin, Lucille. "Languages in Peril: The Chibchan Family". Parrot Time.
- ↑ "The ethnic group of the Pesh in Honduras". RedHonduras.com.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |
Bibliografía
editar- Holt, Dennis Graham. (1986).The Development of the Paya Sound-System. Ph.D. dissertation, Department of Linguistics, Universidade de California, Os Ánxeles.
- Holt, Dennis Graham. (1989). "On Paya Causatives." Estudios de Lingüística Chibcha 8: 7-15. San José: Editorial da Universidade de Costa Rica.
- Holt, Dennis Graham. (1999). Pech (Paya). Languages of the World/Materials 366. Múnic: LincomEuropa.