Lingua nuu-chah-nulth

A lingua nuu-chah-nulth (nuučaan̓uł),[2] é unha lingua wakash falada polo pobo nuu-chah-nulth na costa oeste da illa de Vancouver, dende Barkley Sound até Quatsino Sound, na Columbia Británica. O nuu-chah-nulth é unha lingua wakash meridional relacionada co nitinaht e co makah. A orixe do termo "nuu-chah-nulth", que quere dicir "ó longo do exterior [da illa de Vancouver]" data da década de 1970, cando varios grupos de falantes da lingua se uniron, rexeitando o termo incorrecto "nootka" (que quere dicir "camiñar" e foi erradamente interpretado como o nome do lugar, que en realidade se chama Yuquot). O nome dado polas fontes máis antigas é tahkaht; que tamén foi empregado para referirse a eles mesmos (a raíz aht quere dicir "pobo").[3]

Nuu-chah-nulth
Nuučaan̓uł
T'aat'aaqsapa
Pronuncia:[nuːt͡ʃaːnˀuɬ]
Falado en: Canadá
Rexións: Costa oeste da Illa de Vancouver
Total de falantes: 130 (2014)
Familia: Wakash
 Meridional
  Nuu-chah-nulth
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: nuk
Mapa
Status

O nuu-chah-nulth está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

É a primeira lingua dun pobo indíxena da costa noroeste do Pacífico en ser documentada en fontes escritas. Na década de 1780, Vancouver, Quadra, e outros exploradores e comerciantes europeos frecuentaron Nootka Sound e outras comunidades nuu-chah-nulth, facendo rexistros das súas viaxes. Entre 1803 e 1805 John R. Jewitt, un ferreiro inglés, foi retido polo xefe Maquinna en Nootka Sound. Fixo un esforzo por aprender a lingua, e en 1815 publicou unhas memorias cun breve glosario de termos.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "About the Language Program". Hupač̓asatḥ. Consultado o 8 de agosto de 2015. 
  3. Some account of the Tahkaht language, as spoken by several tribes on the western coast of Vancouver island , Hatchard and Co., London, 1868

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Kim, Eun-Sook. (2003). Theoretical issues in Nuu-chah-nulth phonology and morphology. (Doctoral dissertation, The University of British Columbia, Department of Linguistics).
  • Nakayama, Toshihide (2001). Nuuchahnulth (Nootka) morphosyntax. Berkeley: University of California Press. ISBN 0-520-09841-2
  • Sapir, Edward. (1938). Glottalized continuants in Navaho, Nootka, and Kwakiutl (with a note on Indo-European). Language, 14, 248–274.