Lingua kawishana

lingua morta da familia arauaca

A lingua kawishana (tamén escrito como cawishana ou kaishana) é unha lingua morta e pobremente estudada que pertence á familia das linguas arauacas. Foi falada outrora no Brasil e na década de 1950 rexistráronse uns poucos falantes.[2]

Kawishana
Outros nomes:Kaixana
Falado en: Brasil
Extinción: mediados do século XX
Familia: Americana
 Arauaco
  Setentrional
   Arauaco do alto Amazonas
    Manao
     Kawishana
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

O kawishana está clasificado como extinto polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Aikhenvald (1999) clasifícaa como unha lingua do río Negro medio, xunto coas linguas shiriana e manao. Kaufman (1994) situouna nunha póla do nawiki occidental do alto Amazonas xunto con dúas linguas desaparecidas, o yumana e o pasé, que Aikhenvald deixara sen clasificar. Tiña unha sintaxe activa-estativa.[3]

Fonoloxía

editar

O kawishana tiña 21 fonemas:[2]

  • consoantes (15): p, t, k, ʔ, ts, tʃ, x, h, m, n, ɲ, l, ɾ, w, j
  • vogais (6): i, e, a, o, i, V́
  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Ramirez, Henri (2020). Enciclopédia das línguas Arawak: acrescida de seis novas línguas e dois bancos de dados 2 (1 ed.). Curitiba: Editora CRV. ISBN 978-65-5578-892-1. doi:10.24824/978655578892.1. 
  3. Ramirez, Henri, & França, Maria Cristina Victorino de. (2019). Línguas Arawak da Bolívia. LIAMES: Línguas Indígenas Americanas, 19, e019012. https://doi.org/10.20396/liames.v19i0.8655045

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Aikhenvald, Alexandra Y. (1999). "The Arawak language family". En Aikhenvald, Alexandra Y.; Dixon, R.M.W. The Amazonian languages. Cambridge: Cambridge University Press. pp. 65–106.