O gan é unha lingua falada na China, pertencente ao grupo de linguas sino-tibetanas. É falada na provincia de Jiangxi, así como por poboacións significativas nas rexións veciñas de Hunan, Hubei, Anhui e Fujian. O gan é membro das linguas siníticas da familia sino-tibetana, e a lingua hakka é a variedade chinesa máis achegada ao gan en termos de fonética.

Gàn
贛語/赣语
Pronuncia:Gàn Yǔ
Outros nomes:江西話 (Xiāngxīhuà)
Falado en: China
Rexións: Asia
Total de falantes: 22 millóns (2018)
Posición: 45
Familia: Sino-tibetana
 Chinés
  Gàn
Códigos de lingua
ISO 639-1: zh
ISO 639-2: chi (B)zho (T)
ISO 639-3: gan
Mapa
Status

O gan está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Existen diferentes dialectos do gan, sendo considerado o dialecto de Nanchang o máis representativo.

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar