Lingua arakanesa

lingua sino-tibetana falada en Myanmar

A lingua arakanesa (tamén coñecida como rakhine) é unha lingua estreitamente relacionada co birmano, da cal é considerada a miúdo un dialecto. "Arakan" é o antigo nome do estado de Rakhine. O arakanés divídese en tres dialectos: Sittwemarma (arredor de dous terzos dos falantes), Ramree e Thandwe.[2] É a lingua nativa do pobo rakhine, do pobo marma e do pobo kamein. Segundo os falantes do birmano estándar, o arakanés ten unha intelixibilidade do setenta e cinco por cento co birmano.[3]

Arakanés
ရခိုင်ဘာသာ
Pronuncia:[ɹəkʰàɪɴbàθà]
Outros nomes:Rakhine
Falado en: Myanmar, Bangladesh e a India
Total de falantes: 1 millón (2011–2013)
Familia: Sino-tibetano
 Lolo-búrmicas
  Búrmico
   Birmano
    Arakanés
Escrita: Alfabeto birmano
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: rki
Mapa
Status

O arakanés está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Okell 1995, p. 3.
  3. Information on Arakanese

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Houghton, Bernard (1897). "The Arakanese Dialect of the Burman Language". The Journal of the Royal Asiatic Society of Great Britain and Ireland (Royal Asiatic Society of Great Britain and Ireland): 453–461. JSTOR 25207880. 
  • Okell, John (1995). "Three Burmese Dialects" (PDF). Papers in Southeast Asian Linguistics 13.