Lingua adynyamathanha

O adynyamathanha ou adnyamathanha (Yura Ngawarla) é unha lingua aborixe australiana do grupo de linguas pama-nyunganas.

Distribución xeográfica

editar

Lingua falada en Nepabunna, Leigh Creek e Port Augusta no norte do Parque Nacional Flinders Ranges no sur de Australia.

Falantes

editar

En 1990 quedaban 20 falantes,pero segundo datos do censo de 2001 96 persoas tiñan un bo coñecemento da lingua, o aumento de uso ten que ver coa introdución no ensino, unha hora semanal nos tres colexios adynyamathanha nun intento de revivila.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar