Lindsaeaceae é unha familia de fieitos da orde Polypodiales.

Caracteres

editar

As lindsaeáceas son plantas vasculares con ciclo de vida haplodiplonte onde a alternancia de xeracións é ben manifesta, con esporófito e gametófito multicelulares e independentes, con esporas como unidade de dispersión e de resistencia. O gametófito é un "talo" (corpo sen organización), e o esporófito é un "cormo" (con raíz, vástago e sistema vascular). Por mor destas características tradicionalmente agrúpanse coas "pteridófitas".

Posúen esporófitos con megafilos ou "frondes".

Esta familia, excepto Lonchitis e Cystodium, teñen as raíces con cortiza externa esclerenquimatosa, combinada cunha capa cortical máis interna de seis células de espesor (Schneider 1996a).

Os rizomas son variados, e poden ir dende cortamente rastreiros até longamente rastreiros. Os rizomas levan ou ben escamas non clatradas delgadas e achegadas pola base, ou ben pelos de 1 célula de espesor.

As follas están de 1 a 3 veces pinnuladas, aínda que ás veces poden estar mesmo máis divididas, xeralmente glabras (sen pelo). As veas desta familia de fieito son xeralmente libres, bifurcadas, aínda que as ceves poden ser anastomosadas.

Os soros son marxinais ou submarxinais, e o indusio extroso (que se abre cara á marxe da lámina), ás veces tamén adxunto aos lados, ou ben en Lonchitis, os soros están cubertos pola marxe reflicto da lámina.

As esporas son tetraédricas con marca trilete, ou con pouca frecuencia bilaterais con marca monolete.

Gametófitos verdes, cordados.

Número de cromosomas: x = 34, 38, 39, 44, 47, 48, 49, 50, 51, e quizais outros tamén.

Clasificación sensu Smith et al. 2006

editar

Preto de 8 xéneros:

Nunha tese non publicada, Barcelona (2000), citado por Smith et al. 2006, suxire o establecemento de 3 xéneros adicionais emparentados con Odontosoria e Sphenomeris.

Preto de 200 especies.

Filoxenia

editar

Moi probablemente monofilético (Wolf et al. 1994, Pryer et al. 2004b, Korall et al. en prensa, Schuettpelz et al. en prensa).

Ecoloxía

editar

Terrestres, ou infrecuentemente epipétricas ou epífitas.

Pantropicais.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Bibliografía

editar
  • Pryer, Kathleen M., Harald Schneider, Alan R. Smith, Raymond Cranfill, Paul G. Wolf, Jeffrey S. Hunt e Sedonia D. Sipes. 2001. "Horsetails and ferns are a monophyletic group and the closest living relatives to seed plants". Nature 409: 618-622 (resumo en inglés aquí).
  • Pryer, Kathleen M., Eric Schuettpelz, Paul G. Wolf, Harald Schneider, Alan R. Smith e Raymond Cranfill. 2004. "Phylogeny and evolution of ferns (monilophytes) with a focus on the early leptosporangiate divergences". American Journal of Botany 91:1582-1598 (resumo en inglés aquí Arquivado 26 de agosto de 2010 en Wayback Machine.).
  • A. R. Smith, K. M. Pryer, E. Schuettpelz, P. Korall, H. Schneider, P. G. Wolf. 2006. "A classification for extant ferns". Taxon 55(3), 705-731 (pdf aquí)