Abrir o menú principal
Lilangeni
Lilangeni
Código:SZL
Ámbito:Flag of Eswatini.svg Suacilandia
Símbolo:L ou E (pl. emalangeni)
Fracción:100 cents
Moedas:1, 2, 5, 10, 20 e 50 céntimos
L1, E2 e E5
Billetes:10, 20, 50, 100 e 200 emalangeni
Emisor:Banco Central de Suacilandia
Taxa de troco:
24-8-2011
1 EUR = 10.4612 SZL
1 USD = 7.25461 SZL
Troco actual

O lilangeni (emalangeni en plural) é a moeda oficial de Suacilandia e é emitida polo Banco Central de Suacilandia (en swazi Umntsholi Wemaswati). Abréviase como L (E para o plural) e o seu código ISO é SZL. Un lilangeni divídese en 100 céntimos. O rand surafricano é tamén aceptado no país. O seu nome provén da palabra swazi langeni (diñeiro), co prefixo de substantivo singular li-.

HistoriaEditar

O lilangeni foi introducido en 1974 en substitución do rand surafricano á par (1 lilangeni = 1 rand). Actualmente as dúas moedas pertencen á Área Monetaria Común xunto co loti de Lesotho, polo que o rand ten valor legal en Suacilandia.

MoedasEditar

 
Anverso.
 
Reverso.

En 1974 cuñáronse moedas de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 céntimos e 1 lilangeni, das cales as dun e 2 céntimos estaban feitas de bronce e o resto de cuproníquel. A excepción da moeda dun 1 lilangeni, ningunha moeda era redonda: as de 1 e 50 céntimos eran dodecagonais, as de 2 céntimos eran cadradas e as de 5, 10 e 20 céntimos onduladas.

A moeda de 2 céntimos deixou de cuñarse en 1982, e en 1986 a moeda dun céntimo de cobre trocou a súa forma a circular e a dun lilangeni trocou a súa composición a níquel-latón. Estas foron seguidas en 1992 polas de níquel redondas de 5 e 10 céntimos e niquel-latón redondas dun lilangeni. Entre 1995 e 1996 engadíronse as denominacións de 2 e 5 emalangeni.

A moeda dun lilangeni de níquel-latón teñen exactamente as mesmas dimensións e composición que as moedas británicas de 1£ introducidas tres anos antes, polo que estas moedas son ás veces empregadas de xeito fraudulento en máquinas expendedoras británicas.

Denominación Emisión Metal Forma Diámetro
(mm.)
Peso
(gr.)
Canto Anverso Reverso Imaxe
5 Céntimos
1974
Cu+Ni
Lobulada
18,00
2,14
Liso
Mswati III
SWAZILAND
Valor facial
5 CENTS
Planta
ano de cuñaxe
10 Céntimos
1974
Cu+Ni
Lobulada
21,00
3,58
Liso
Mswati III
SWAZILAND
Valor facial
10 CENTS
Planta
ano de cuñaxe
20 Céntimos
1974
Cu+Ni
Lobulada
25,00
5,54
Liso
Mswati III
SWAZILAND
Valor facial
20 CENTS
Elefante
ano de cuñaxe
50 Céntimos
1974
Cu+Ni
Dodecagonal
28,00
8,65
Liso
Mswati III
SWAZILAND
Valor facial
50 CENTS
Escudo de armas
ano de cuñaxe
1 Lilangeni
1986
Cu+Al+Ni
Circular
22,00
9,50
Estriado
Mswati III
SWAZILAND
Ntombi de Suacilandia
Valor facial
ONE LILANGENI
ano de cuñaxe
2 Emalangeni
1995
Cu+Al+Ni
Circular
24,00
5,00
Estriado
Mswati III
SWAZILAND
Cala
Valor facial
2 EMALANGENI
ano de cuñaxe
5 Emalangeni
1996
Cu+Al+Ni
Circular
27,00
7,50
Estriado
Mswati III
SWAZILAND
Valor facial
5 EMALANGENI
Escudo de armas
ano de cuñaxe

BilletesEditar

En 1974, a Autoridade Monetaria de Suacilandia emitiu os primeiros billetes de 1, 2, 5 e 10 emalangeni, xunto aos de 20 emalangeni en 1978. En 1981, o Banco Central de Suacilandia asumiu a competencia de imprimir os billetes, emitindo os primeiros billetes conmemorando o xubileo do rei Sobhuza II. Entre 1982 e 1985, emitíronse as series normais de billetes de 2, 5, 10 e 20 emalangeni. En 1990 engadiuse a denominación de 50 emalangeni. Entre 1995 e 1996, os billetes de 2 e 5 emalangeni foron substitutos por moedas, e ademais emitíronse billetes de 100 e 200 emalangeni en 1996 e 1998 respectivamente. Os billetes de 200 emalangeni conmemoran o 30º aniversario da independencia do país.

Series de 1998-2001
Denominación Efixie Cor predominante Imaxe do anverso Imaxe do reverso
10 Emalangeni Mswati III Azul
20 Emalangeni Mswati III Violeta
50 Emalangeni Mswati III Vermello
100 Emalangeni Mswati III Marrón
200 Emalangeni Mswati III Verde

Véxase taménEditar