Life with Father

filme de 1947 dirixido por Michael Curtiz

Life with Father é un libro humorístico autobiográfico escrito en 1936 por Clarence Day, Jr. Foi adaptado ó teatro por Lindsay e Crouse e representado en Broadway en 1939. En 1947 foi convertido en filme e en 1953 nunha serie de televisión.

Life with Father

Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocinema de comedia e filme biográfico Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aMichael Curtiz Editar o valor en Wikidata
Compositor/aMax Steiner Editar o valor en Wikidata
GuionistaDonald Ogden Stewart (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaJohn Peverell Marley (en) Traducir e William V. Skall (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineGeorge Amy Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a produciónRobert M. Haas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a vestiarioMarjorie Best e Milo Anderson (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enNova York Editar o valor en Wikidata
Baseado enLife with Father (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Produtor/aRobert Buckner Editar o valor en Wikidata
Produtor/a executivoJack Warner Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraWarner Bros. e Warner Bros. Pictures Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aWarner Bros. e Netflix Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración1 hora e 58 minutos Editar o valor en Wikidata
Premios
Fontes e ligazóns
RedesIMDB: tt0039566 Filmaffinity: 772709 Allocine: 64456 Rottentomatoes: m/life_with_father Allmovie: v29266 TCM: 24789 Metacritic: movie/life-with-father Netlix: 699719 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O libro

editar

Clarence Day escribiu este libro sobre a súa vida e a súa familia en clave de humor. As historias de seu pai, Clarence Day Sr, "Clare", contadas con ironía afectuosa, están tomadas de The New Yorker. Representan a clase media neoiorquina da década de 1890.

A obra teatral

editar

A obra de Broadway de 1939 permaneceu en escena durante sete anos, converténdose na peza teatral non musical que máis tempo aguantou en cartel en toda a historia teatral neoiorquina, un récord que aínda mantén hoxe en día. Abriu no Empire Theatre o 8 de novembro de 1939 e resistiu ata o 8 de setembro de 1945. Continuou representándose en Broadway ata o 12 de xullo de 1947 e pechou despois de 3.224 funcións. Actuaban, entre outros, o propio Lindsay, a súa muller Dorothy Stickney, e Teresa Wright. A acción transcorre nunha estancia da casa dos Day en Madison Square nos anos oitenta do século XIX.

O filme

editar

A película de 1947, unha comedia cinematográfica, conta a verdadeira historia dun stockbroker que quere ser o xefe e señor da súa casa pero que se encontra con que a súa muller e os fillos o ignoran ata que comezan a esixirlle que cambie de vida. Tal e como se representa na autobiografía todos os nenos da familia son rubios excepto a prima representada por Elizabeth Taylor. Acompáñana William Powell, Irene Dunne, Taylor, Edmund Gwenn, Zasu Pitts, Jimmy Lydon e Martin Milner.

O filme foi adaptado por Donald Ogden Stewart a partir da obra teatral de Howard Lindsay e Russel Crouse, baseada no libro de Clarence Day, Jr.. Foi dirixida por Michael Curtiz e nomeada nos Premios da Academia polo mellor actor principal (William Powell), pola mellor dirección artística, pola mellor cinematografía en cor e pola mellor partitura musical dun filme cómico ou dramático.

A serie de televisión

editar

Life With Father (A vida con papá) foi convertida nunha serie de televisión en 1953, con Leon Ames e Lurene Tuttle como protagonistas.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

C. Otis Skinner, 1976, Life With Lindsay and Crouse. Boston: Houghton, Mifflin & Co.

Ligazóns externas

editar