Licia e Panfilia
Licia e Panfilia foi o nome dunha provincia romana do imperio romano, situada no sur da Anatolia. Creouna o emperador Vespasiano (reinou entre o 69 e o 79 d.C.), que fusionou Licia e Panfilia nunha soa unidade administrativa.[1][2] No 43 d.C., o emperador Claudio anexionou Licia. Panfilia fora unha parte da provincia de Galacia.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Attaleia (en) | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 74 | ||||
Disolución | 325 | ||||
As fronteiras trazadas por Vespasiano corríann ao oeste do río Indus (que fluía desde o seu val superior en Caria) desde a meseta de Pisidia ata o lago Ascanius (Burdur Gölü), ao sur de Apamea. No norte e no leste formou unha liña que seguía as marxes dos lagos Limna (Hoyran Gölü) e Caralis (Beyşehir Gölü), viraba cara ao sur cara ao Golfo de Adalla (mare Pamphylium) e seguia polos Montes Taurus (Toros Daǧlari) durante uns dez quilómetros cara ao leste ata Isauria. Despois seguia por Cilicia Trachea para chegar ao mar ao oeste de Iotape. As fronteiras crearonse tendo en conta factores xeográficos e económicos. Incluíronse todas as bacías dos ríos Xanthus, Cestrus (Ak Su) e Eurymedon (Köprü Irmak). As principais cidades estaban na desembocadura dos dous últimos ríos. En Pisidia e en Panfilia partian en parte as poucas calzadas cara ao interior de Anatolia. A máis importante era a estrada de Attalea (Antalya) a Apamea. En Licia o camiño desde Patara cara a Laodicea no Licus seguindo a costa. As cidades máis importantes foron Side, Ptolemais, Gagae e Myra na costa, Seleucia, no interior e Cremna, Colbhasa e Comama, na meseta de Pisidia, onde Augusto fundou colonias romanas (asentamentos). Na meseta Milyas estaban Oenoanda, Tlos, Nisa, Podalia, Termessus e Trebenna. Outras cidades importantes en Licia foron Pednelissus, Ariassus e Sagalassus, ao longo do Eurimedón, Aspendus e Perge, que tiña un santuario de Artemisa. A cidade máis importante da rexión era Patara, na desembocadura do Xanto.
Baixo as reformas administrativas do emperador Diocleciano (reinou entre os anos 284 e 305), que duplicou o número de provincias romanas reducindo o seu tamaño, a provincia de Licia e Panfilia dividiuse en dúas provincias separadas. As provincias agrupáronse en doce dioceses romanas que estaban baixo as catro prefecturas pretorianas do imperio. Licia e Panfilia estaban baixo a diocese de Asia (Dioecesis Asiana), da prefectura pretoriana do leste (oriente).
Gobernadores
editar- Quintus Veranius 43-48
- Titus Clodius Eprius Marcellus 53-56
- Sextus Marcius Priscus 67-70[3]
- Marcus Hirrius Fronto Neratius Pansa 70-72
- Gnaeus Avidius Celer Fiscillinus Firmus 72-74
- Lucius Luscius Ocrea 74-76
- Marcus Petronius Umbrinus 76-78
- Titus Aurelius Quietus 78-81
- Gaius Caristanius Fronto 81-84
- Publius Baebius Italicus 84-87
- Gaius Antius Aulus Iulius Quadratus 89-93
- Lucius Domitius Apollinaris 93-96
- Lucius Julius Marinus Caecilius Simplex 96-99
- Gaius Trebonius Proculus Mettius Modestus 99-103
- Quintus Pompeius Falco 103-105
- Tiberius Julius Frugi 113-115
- Gaius Trebius Maximus 115-117
- Titus Pomponius Antistianus Funisulanus Vettonianus 117-120
- Gaius Valerius Severus 120-124
- Marcus Flavius Aper 124-127
- Sufenas Verus 127-130
- ?Mettius Modestus 130-133
- [Domiti]us Seneca 133-136
- Titus Calestrius Tiro Julius Maternus 136-138
- Gnaeus Arrius Cornelius Proculus 138-140
- Julius Aqui[linus] ? 140-?141/2[4]
- Decimus Junius Paetus ?141/2-?143
- Quintus Voconius Saxa Fidus ?143-147
- Gaius Julius Avitus 147-149
- Decimus Ruplius Severus 149-?151
- Julius Proculus (testemuñado setembro 152)
- Gaius Septimus Severus (entre o 153 e o 160)
- Publius Vigellius Saturninus 162/163-164/165
- Licinius Priscus (testemuñado o 23 de marzo de 178)
- Tiberius Pollenius Armenius Peregrinus 244
Notas
editar- ↑ Şahin, Sencer; Mustafa Adak (2007). Stadiasmus Patarensis. Itinera Romana Provinciae Lyciae. Ege Yayınları. pp. 85–93.
- ↑ Fatih Onur (2008). "Two Procuratorian Inscriptions from Perge". Gephyra 5: 53–66. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2011. Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Salvo que se indique o contrario, os nomes dos gobernadores proconsulares do 67 ao 140 son tomados de Werner Eck, "Jahres- und Provinzialfasten der senatorischen Statthalter von 69/70 bis 138/139", Chiron, 12 (1982), pp. 281-362; 13 (1983), pp. 147-237
- ↑ Salvo que se indique o contrario, os nomes dos gobernadores de 140 a 180 son tomados de Géza Alföldy, Konsulat und Senatorenstand unter der Antoninen (Bonn: Rudolf Habelt Verlag, 1977), pp. 207-211
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Licia e Panfilia |