LiLiPUT, inicialmente coñecida como Kleenex, foi unha banda suíza de punk rock formada en Zürich en 1978. O grupo experimentou numerosos cambios de formación ao longo da súa existencia, sendo a baixista Klaudia Schiff o único membro constante durante toda a historia da banda. A guitrrista Marlene Marder uniuse ao grupo pouco despois da súa formación, e estivo ata a súa separación en 1983. A derradeira formación de LiLiPUT estaba composta por Schiff, Marder, e a vocalista Astrid Spirit, e foi con esta encarnación coa cal gravou os seus únicos dous álbums de estudio, Liliput (1982) e Some Songs (1983).

LiLiPUT
OrixeZürich, Suíza Suíza
Período1978 - 1983
Xénero(s)punk rock, post-punk[1]
Selo(s) discográfico(s)Sunrise, Rough Trade, Off Course
MembrosLislot Ha
Klaudia Schiff
Regula Sing
Rudolph Dietrich
Candy "Gogi" Düggelbach
Marlene Marder
Chrigle Freund
Angie Barrack
Christoph Herzog
Beat Schlatter
Astrid Spirit
Na rede
Facebook: kleenexband Bandcamp: kleenexliliput Last fm: Liliput Musicbrainz: 87fce0e8-79b0-4a59-b0e6-36cf4f9bb659 Songkick: 1422572 Discogs: 255477 Allmusic: mn0000085181 Editar o valor em Wikidata

Segundo AllMusic, LiLiPUT "fixo algunha da mellor, máis aventureira, máis estimulante e máis ridiculizada pola crítica música" da época do punk rock.[2]

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Liliput 1982 Rough Trade Records
Some Songs 1983 Rough Trade Records

Notas editar

  1. Pareles, Jon (20 de maio de 2016). "Marlene Marder, Guitarist for Influential Post-Punk Band Liliput, Dies at 61". The New York Times. Consultado o 2023-10-23.
  2. "LiLiPUT Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-10-23.