Les Masies de Voltregà
Coordenadas: 42°01′27″N 2°14′10″L / 42.02417, -2.23611
Les Masies de Voltregà é un concello da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca de Osona.
Les Masies de Voltregà | |||
---|---|---|---|
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | ![]() | ||
Provincia | Barcelona | ||
Comarca | Osona | ||
Xeografía | |||
Altitude | 533 msnm | ||
Superficie | 22,4 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 3.186 hab. (2014) | ||
Densidade | 142,23 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 08509 | ||
Alcalde | Sergi Vilamala Bastarras (PSC-PM) | ||
www.lesmasiesdevoltrega.cat |
XeografíaEditar
O concello limita ao norte con Orís, ao leste con Torelló e Manlleu, ao sur con Gurb e Santa Cecília de Voltregà, e ao oeste con Sant Martí de Sobremunt. No interior do termo municipal atópase o concello de Sant Hipòlit de Voltregà, rodeado en todas as direccións por terras de Les Masies.
Atópase entre a serra que pecha por poñente a Plana de Vic ao oeste, e o curso do río Ter ao leste.
DemografíaEditar
Tiña en 2014 unha poboación de 3.186 habitantes agrupados en 12 entidades de poboación:
- Borrissola
- La Colònia Lacambra
- Conanglell
- El Despujol
- Gallifa
- La Gleva
- Les Masies de Voltregà
- El Poble-sec
- El Pou
- Quintanes
- Sant Miquel d'Ordeig
- Vinyoles
Lugares de intereseEditar
- Santuario da Virxe da Gleva, de estilo barroco.
- Igrexa de Sant Esteve, de estilo románico, atópase en Vinyoles.
- Igrexa de Sant Miquel d'Ordeig, de estilo románico.
- Igrexa de Sant Martí Xic, de estilo románico.
- Ruínas do castelo de Voltregà.
- Museo do Cobre - Fundació La Farga.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Les Masies de Voltregà |