Lepa Radić

partisana iugoslava

Lepa Svetozara Radić (en alfabeto cirílico serbio: Лепа Светозара Радић), nada en Gašnica, Reino de Iugoslavia, o 19 de decembro de 1925 e finada en Bosanska Krupa, Estado Independente de Croacia, o 8 de febreiro de 1943, foi unha partisana iugoslava durante a segunda guerra mundial. Recibiu postumamente a Orde de Heroe do Pobo o 20 de decembro de 1951, polo seu papel na resistencia contra as Potencias do Eixe.

Modelo:BiografíaLepa Radić

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sr) Лепа Радић Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de decembro de 1925 Editar o valor en Wikidata
Gašnica, Bosnia e Hercegovina (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte8 de febreiro de 1943 Editar o valor en Wikidata (17 anos)
Bosanska Krupa, Bosnia e Hercegovina (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, enforcamento Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturavalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguerrilleiro Editar o valor en Wikidata
Partido políticoLiga de Comunistas de Iugoslavia (1941–1943) Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarPartisans Iugoslavos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoSegunda Guerra Mundial na Iugoslávia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Foi aforcada en febreiro de 1943 á idade de 17 anos, por disparar contra as tropas alemás durante a segunda guerra mundial.[1] Mentres lle ataban a soga ao pescozo, ofrecéronlle salvarse se revelaba as identidades dos seus camaradas e líderes. Ela respondeu que non era unha traidora e que coñecerían as súas identidades cando aparecesen para vingar a súa morte.

Traxectoria

editar
 
Lepa Radić foi aforcada en Bosanska Krupa en febreiro de 1943, con 17 anos, tras negarse a delatar aos seus camaradas malia as torturas sufridas.

Despois de graduarse na escola primaria de Bistrica, asistiu ao primeiro grao da Escola Feminina de Artesanía en Bosanska Krupa e completou os restantes cursos na escola de Gradiška.[2] Como alumna salientou polo seu traballo duro e a súa seriedade, e tamén polo seu interese pola literatura avanzada. Foi influenciada por seu tío Vladeta Radić, involucrado no movemento obreiro.[3]

Militou na Liga de Mocidades Comunistas de Iugoslavia (SKOJ) e posteriormente, con 15 anos, uniuse ao Partido Comunista de Iugoslavia en 1941.

Segunda guerra mundial

editar

O 10 de abril de 1941, despois da invasión de Iugoslavia, as potencias do Eixe estableceron no seu antigo territorio o Estado Independente de Croacia, un Estado marioneta que incluía Bosanska Gradiška e os seus arredores.

Lepa Radić participou nas preparacións do levantamento con accións como agochar armas. En novembro de 1941, Lepa Radić e outros membros da familia foron arrestados pola Ustaše, unha banda terrorista independentista croata. Coa axuda de partisanos encubertos, ela e a súa irmá Dara fuxiron da prisión o 23 de decembro de 1941.[4]

A continuación uniuse como combatente á 7ª compañía partisana do 2º Destacamento de Krajiški. Recibiu instrución na localidade de Lamovita e foi activista da Liga dos Comunistas na zona de Prijedor. Foi logo enviada á zona de Pogrmeč, onde traballou politicamente coas mocidades e participou nas actividades insurxentes.[2] En febreiro de 1943, Lepa Radić encargouse de transportar os feridos na batalla do Neretva a un refuxio en Grmech.

Durante a loita contra a 7ª División de Montaña SS Prinz Eugen foi capturada e trasladada a Bosanska Krupa. Despois de ser torturada durante varios días nun intento de sacarlle información, foi sentenciada a morte por aforcamento.

Coa corda no pescozo, gritou: "Longa vida ao Partido Comunista e aos partisanos! Loita, xente, pola túa liberdade! Non te rendas ante os malvados! Serei asasinada, pero haberá quen me vingue!" Nos seus últimos momentos no cadafalso, ofreceron o indulto a cambio de delatar os líderes e membros do Partido Comunista no refuxio. Ela rexeitou a súa oferta coas palabras: "Non son unha traidora da miña xente. Eses por quen preguntas revelarán as súas identidades cando logren borrar a todos os teus malfeitores, ata o último home".[4] Lepa Radić tiña só 17 anos cando foi executada publicamente.

  1. Jancar-Webster, Barbara (1990). Women & Revolution in Yugoslavia, 1941-1945 (en inglés). Arden Press. p. 100. ISBN 0-912869-10-0. Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Čaušević, Jasmina, ed. (2014). WOMEN documented : women and public life in Bosnia and Herzegovina in the 20th century (PDF) (en inglés). Sarajevo: Gender Edition. p. 47. ISBN 978-9958-536-19-9. Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  3. "Radić Svetozara Lepa". znaci.net (en bosníaco). Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2020. Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 Kovačević, Dušanka (1977). Women of Yugoslavia in the National Liberation War (en inglés). Belgrado: Conference for Social Activities of Yugoslav Women. p. 45. Consultado o 21 de novembro de 2020. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bjelić, Krste; Svirčić, Zdenko (1980). Heroine Jugoslavije (en croata). Zagreb: Spektar. OCLC 439136119. 

Ligazóns externas

editar