Leopoldo Basa Villadefrancos
Leopoldo Basa Villadefrancos, nado na Coruña o 29 de maio de 1866 e finado en Donostia o 19 de decembro de 1947, foi un xornalista e escritor galego.
Leopoldo Basa Villadefrancos | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 29 de maio de 1866 |
A Coruña | |
Falecemento | 19 de decembro de 1947 |
Donostia | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Pasou a infancia, adolescencia e parte da mocidade na Coruña, onde estudou o Bacharelato e a carreira de Peritaxe Mercantil. Trasladouse a Madrid onde coñeceu a Miguel Cané, embaixador da República Arxentina en España, que lle recomendou a partida para ese país. En Bos Aires traballou como secretario da Inspección General de la Municipalidad e colaborou frecuentemente con medios de comunicación porteños como: El País, La Nación, Almanaque Gallego ou El Eco de Galicia. Entrou en contacto coa colonia galega e chegou a ler o discurso de apertura da velada literario-musical que se celebrou o 21 de novembro de 1908 a cargo do Orfeón Gallego para homenaxear a Manuel Curros Enríquez. Ademais da súa actividade profesional, tamén se dedicou á pintura e á crítica de arte. Regresou a España en 1910 e estableceuse en Donostia, cidade na que morreu en 1947.
Foi un polifacético escritor en castelán, pero en galego só publicou o relato "¿Fixo ben?" no Almanaque Gallego de 1900.
ObrasEditar
TeatroEditar
- Don Marcelo, 1902.
- La leña de la vida.
- Los nervios, 1908.
- La Peregrina.
NovelasEditar
- Flores del Pantano.
- Espigas sueltas, 1903.
- El Premio.
- Don Juan en América.
EnsaioEditar
- El mundo de habla española.
- Dionisio Fierros y el Arte en Galicia, 1908.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Centro Ramón Piñeiro, ed. (2003). Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). Santiago de Compostela. pp. 37–38. ISBN 84-453-3736-X. Consultado o 8 de novembro de 2013.