Leonardo Álvarez Álvarez

político galego

Leonardo Álvarez Álvarez, nado na Pobra de Trives cara a 1893 e finado en Agro de Sas (Pena Folenche) o 30 de outubro de 1938, foi un canteiro e político galego.

Infotaula de personaLeonardo Álvarez Álvarez
Biografía
Nacemento1893 Editar o valor em Wikidata
A Pobra de Trives, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de outubro de 1938 Editar o valor em Wikidata (44/45 anos)
Pena Folenche, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncanteiro , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Canteiro, veciño de Pena Folenche. Membro da UGT e vogal da Agrupación Socialista de Trives. Foi elixido concelleiro da Pobra de Trives en 1931 e permaneceu no cargo ata marzo de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Foi xulgado en Ourense por rebelión militar e declarado en rebeldía. Foi sorprendido nas proximidades da súa aldea por varios gardas civís e soldados pertencentes á liña de Trives o 30 de outubro de 1938. Aplicáronlle a "lei de fugas" en Agro de Sas, Pena Folenche. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foi condenado a oito anos e un día de inhabilitación absoluta e desterro a máis de douscentos quilómetros e a 50 pesetas de sanción económica en agosto de 1939.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar