Abrir o menú principal

Lembranza é un disco recompilatorio (e décimo quinto na discografía) con éxitos do cantante de folk galego Suso Vaamonde. Foi publicado no 2000, baixo o selo Produccións Trebón.

Lembranza
Recompliación de Suso Vaamonde
Lanzamento2000
Xénero(s)Folk
Selo(s)Trebón
Cronoloxía
Cousas da lúa (1999) Lembranza

A edición componse dun dobre compacto recompilatorio que foi presentado o 29 de novembro de 2000 en Pontevedra, con presenza da súa viúva e da súa irmá, e a continuación proxectouse un vídeo cun concerto dado por Vaamonde no Teatro Principal de Ourense. A portada componse dun debuxo realizado por Xosé Guillermo e no interior conta cunha biografía feita por Miguel Boo.[1]

Foi bastante criticado por obviar boa parte das cancións de intervención política e centrarse nos temas líricos.

Lista de canciónsEditar

CD 1Editar

N.º TítuloLetrasMúsica Duración
1. "Volvín á terra pro perdín o amo"  Bernardino GrañaSuso Vaamonde 3:58
2. "Amor apresurado"  Francisco AñónSuso Vaamonde 3:03
3. "Eu en ti"  Celso Emilio FerreiroSuso Vaamonde 3:58
4. "Gaita irreal"  Celso Emilio FerreiroSuso Vaamonde 3:14
5. "Meu amor"  Miguel BlancoSuso Vaamonde 3:36
6. "O cuco, caracol, o meu burro"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 5:36
7. "Romance de cego in memoriam de Federico García Lorca"  Celso Emilio FerreiroSuso Vaamonde  
8. "A iniquidade"  Roberto Blanco TorresSuso Vaamonde 3:48
9. "Que ten o meniño"  Manuel Rodríguez LópezSuso Vaamonde 2:39
10. "Conto"  Xosé L. Méndez FerrínSuso Vaamonde 3:49
11. "Terra Cha"  Darío Xohán CabanaSuso Vaamonde 4:30
12. "Deus Fratesque Gallaecia"  Alfredo BrañasSuso Vaamonde 2:34

CD 2Editar

N.º TítuloLetrasMúsica Duración
1. "Galicia"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 2:17
2. "Cantiga do Sar bramante"  Avelino Abuín de TembraSuso Vaamonde 3:12
3. "Bande"  Celso Emilio FerreiroSuso Vaamonde 4:23
4. "Terra"  Valentín Lamas CarvajalSuso Vaamonde 3:17
5. "Veño"  Celso Emilio FerreiroSuso Vaamonde 2:54
6. "En corso"  Manuel Curros EnríquezSuso Vaamonde 3:53
7. "Quedei nun bar seco coma un peixe"  Bernardino GrañaSuso Vaamonde 4:30
8. "Moi lonxe"  Celso Emilio FerreiroSuso Vaamonde 3:44
9. "Sobre o sol"  Ramón M. del Valle-InclánSuso Vaamonde 3:06
10. "Anaina"  Celso Emilio FerreiroSuso Vaamonde 1:41
11. "Ninguén"  Xosé L. Méndez FerrínSuso Vaamonde 2:32
12. "Ultreia"  Fermín Bouza-BreySuso Vaamonde 2:26

NotasEditar

  1. "Lembranza de Suso Vaamonde". La Voz de Galicia. Pontevedra. 30 de novembro de 2000. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2016. Consultado o 14 de febreiro de 2016.  (en castelán)

Véxase taménEditar