Brath é un grupo galego de folk fundado en 1980. Os seus inicios están marcados pola vontade de realizar música de raíz, pero cunha perspectiva aberta á fusión, e con especiais influencias do rock progresivo, dunha forma similar á outros grupos do momento como Taranis. Unha das características que marcaron a súa personalidade nos comezos foi a inclusión dun baixo eléctrico e unha batería, elementos pouco frecuentes por aquel entón. O seu debut discográfico foi co disco Kalailia no ano 1982.

Brath
OrixeLugo, Galiza
Período1982 - actualidade
Xénero(s)Folk, Rock progresivo
Na rede
www.brath.es

Traxectoria editar

A súa primeira formación estivo composta por Xesús Álvarez (acordeón e teclados), Manuel Botana "Lito" (baixo), Eloi Caldeiro (batería e percusión), Xan Carballal (violinista), Xosén Antón García (gaita e frautas) e Pedro Prósper (guitarra e laúde). O grupo sofre diversas mudanzas nos seus compoñentes ao longo dos anos, aínda que mantén a súa actividade até os nosos días.

En 1987 participaron no Festival de Ortigueira.

No ano 2000 son nomeados aos Premios da Música co tema Burka, do seu álbum Cinco, na categoría de mellor canción en galego. Nos anos 2005 e 2006 o grupo fai diversos lanzamentos como conmemoración dos seus 25 anos de existencia. Así o recompilatorio Bulevar Océano Vol. 1, que inclúe temas gravados para o cinema e a televisión, así como outras vellas cancións versionadas nun estilo próximo ao chill out. No ano 2006 sae tamén o seu novo traballo Intres. Tamén se anuncia o lanzamento dun CD con poemas recitados e outros traballos máis próximos ao rap.

Discografía editar

Discos oficiais editar

Bandas Sonoras editar

  • XX séculos de noivado (2002). Banda sonora dunha serie para a televisión.
  • O ladrón de reliquias (2004). Banda sonora do filme homónimo.
  • Bulevar Oceano Vol. 1 (2005). Recompilatorio con versións de cancións feitas para filmes e outros temas antigos.

Discos colectivos editar

  • Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (1988)
  • Milenio Celta (1988)
  • Vieiros (2000)
  • Oceania (2002)
  • Nunca Máis (2002)
  • Tronantes Sonfolk (2003)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar