Lema publicitario

Logo da marca Apple

A entrada da Real Academia Galega máis precisa para o lema no ámbito publicitario é: “pensamento que serve de guía á conduta dunha persoa” [1]. É dicir, un conxunto de crenzas ou principios que axuda á audiencia a identificar á marca cunha idea. O lema comunica a filosofía ou a personalidade da marca, fai tanxible a súa esencia.

Aínda que slogan e lema se usan indistintamente, cabe destacar que slogan úsase máis na publicidade en si, e “lema” no márketing, como estratexia de branding. Mentres que o slogan tende a centrarse no produto ou na mesma empresa, o lema (ou “tagline” en inglés) céntrase na esencia, en aquilo que define á marca.[2]

Son pequenos matices o que diferencian estes termos, moitos profesionais do ámbito catalogan os lemas como un tipo de slogan.[3]

CaracterísticasEditar

Debe poder captar a atención da xente e, a partir de aí, conseguir que perdure na súa memoria. Desta forma, o consumidor acaba asociando o beneficio ou calidade que presenta o slogan coa marca en si.

O lema ten un papel similar ao slogan. Debe captar a atención da xente centrándose nos valores, na esencia da marca.

Para que unha soa frase sexa contundente e eficaz como lema, é preciso ter en conta o principio de economía da linguaxe. Isto lévanos a empregar só elementos imprescindibles, acurtando así o enunciado. Normalmente as clases de palabras con máis prioridade son os substantivos, adxectivos, verbos e adverbios.

Sabido isto, podemos falar de tres características comúns que toda frase representante de marca ten: brevidade, capacidade persuasiva e facilidade para ser recordada. Partindo de aquí e facendo unha análise de cada unha destas, falamos das seguintes 10 particularidades:

  1. Brevidade: transmiten en poucas palabras a idea clave.
  2. Simpleza: concentran nunha frase o seu valor diferencial.
  3. Concreción: palabras precisas, exactas e necesarias. Son concisas e claras.
  4. Brillo: sorprendentes, atractivas. A miúdo empregan analoxías, metáforas ou siloxismos.
  5. Calidades estéticas: ritmo, cadencia e repetición.
  6. Coherencia cos valores da empresa
  7. Perdurables: será o elemento distintivo da marca. Ademais, determinadas marcas apostan por empregar frases que poidan ter a posibilidade de ser modificadas co paso do tempo.
  8. Capacidade de sentirse identificado ou aludido
  9. Exclusividade: Son "únicos" para a marca. Deben ser algo difícil de replicar, algo orixinal da marca.
  10. Simpático: é opcional, pero moitos especialistas recomendan que a frase sexa simpática.

[4]

TiposEditar

Antes de nada, débese ter en conta que un lema pode servir para varios propósitos, polo que pode pertencer a varios tipos á vez. Pero non é recomendable intentar que un slogan abarque demasiado.[5]

  1. Diferenciación: ten o obxectivo de destacar entre a competencia. Para crear unha frase que pertenza a esta categoría, podemos facernos a seguinte pregunta: Que fai que a miña marca sexa distinta ás demais? Da resposta a esa pregunta nace o slogan.
  2. Informativo: trátase dunha frase que explica en poucas palabras o produto a promocionar, de forma clara e sen demasiados detalles.
  3. Orientado aos resultados: este pon énfase nos bos resultados do produto ou servizo en cuestión.
  4. Centrado no valor: este axuda a comercializar a marca a partires dos seus principios ou propósitos. Non ten por que explicar os beneficios do produto ou da empresa, máis ben explica que é o realmente importante para esta. Apela ás emocións frecuentemente.
  5. Centrado no consumidor: son frases que poñen ao público da marca por enriba da propia empresa na pirámide de prioridades. Axudan a que a audiencia se sinta identificado ou parte de algo, parte do “target”.

[6]

NotasEditar

  1. RAG. (2021). Real Academia Galega. https://academia.gal/inicio
  2. Houraghan, S. (2021, 2 noviembre). Tagline vs Slogan [Build Your Brand Strategically]. Brand Master Academy. https://brandmasteracademy.com/tagline-vs-slogan/
  3. Diferenciario. (2019, 8 abril). Diferencia entre lema y eslogan. https://diferenciario.com/lema-y-lema/
  4. López, A. (2018, 24 abril). Marketing + cine: La llegada de Avengers: Infinity War. Mercado Negro. https://www.mercadonegro.pe/marketing/marketing-cine-la-llegada-de-avengers-infinity-war/
  5. https://www.tailorbrands.com/es/blog/que-es-un-eslogan
  6. https://medium.com/the-juice/the-5-most-effective-types-of-taglines-d8513e8d03b0

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

Artigo de Jorge David Fernández Gómez, recollido por Romero Gualda, M.V. (coord.) (2005) en Lenguaje publicitario. La seducción permanente. Barcelona: Ariel. Páxinas 88-138