Lei de Wackernagel

A Lei de Wackernagel é unha regra formulada polo lingüista suízo Jacob Wackernagel sobre a posición de palabras átonas en protoindoeuropeo.

Segundo esta lei as palabras átonas (clíticos) apóianse nas tónicas e ocupan a segunda posición na frase, posto que a clase gramatical do primeiro elemento (tónico) de frase non está fixada. Este fenómeno (pronomes e partículas na segunda posición da frase) pódese observar en parte tamén noutras linguas indoeuropeas modernas, por exemplo en checo ou en antigo lituano (ás veces tamén dentro dunha palabra entre o prefixo e a raíz, por exemplo mitrauk „sacoume“, hoxe con pronome tónico ištrauk mane).