Le Havre (filme)

filme de 2011 dirixido por Aki Kaurismäki

Le Havre é un filme de 2011 producido, escrito e dirixido por Aki Kaurismäki e protagonizado por André Wilms, Kati Outinen, Jean-Pierre Darroussin e Blondin Miguel. Conta a historia dun limpabotas que tenta axudar a un mozo inmigrante que chega á cidade portuaria francesa de Le Havre.[2] O filme foi producido pola compañía finlandesa de Kaurismäki, Sputnik, xunto coa compañías de Francia e Alemaña. É o segundo filme de Kaurismäki rodado en lingua francesa, despois de La Vie de Bohème de 1992.

Le Havre
Ficha técnica
Título orixinalLe Havre
DirectorAki Kaurismäki
ProdutorAki Kaurismäki
GuiónAki Kaurismäki
Intérpretes
FotografíaTimo Salminen
MontaxeTimo Linnasalo
Estudio
  • Sputnik
  • Pyramide Productions
  • Pandora Film
DistribuidoraFuture Film Distribution
EstreaFestival de Cannes: 17 de maio de 2011
Duración93 minutos
OrixeFinlandia Finlandia
Francia
Alemaña Alemaña
XéneroDrama e comedia
Orzamento3,8 millóns de euros
Recadación12 944 958 dólares[1]
Na rede
http://janusfilms.com/lehavre/
IMDB: tt1508675 Filmaffinity: 707306 Allocine: 173542 Rottentomatoes: m/le_havre_2011 Mojo: lehavre Allmovie: v538556 TCM: 834086 Metacritic: movie/le-havre TV.com: movies/le-havre Netlix: 70189309Editar o valor em Wikidata

O filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2011, onde recibiu o premio FIPRESCI. O filme foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme internacional na 84ª edición dos premios,[3][4] mais finalmente non foi nomeado.[5]

Sinopse editar

Marcel leva unha vida sinxela arredor da súa esposa Arletty, o seu bar favorito e a súa profesión de limpabotas. Cando Arletty enferma gravemente de súpeto, a vida de Marcel crúzase coa dun inmigrante ilegal africano menor de idade. Marcel e os seus veciños axúdano a agocharse da policía. O oficial de policía pode, ou non, estar preto deles.[6]

Personaxes editar

Notas editar

  1. "Le Havre (2011) - Box Office Results". Box Office Mojo. Consultado o 30 de xullo de 2012. 
  2. Smith, Ian Hayden (2012). International Film Guide 2012. p. 114. ISBN 978-1908215017. 
  3. Barraclough, Leo (14 de setembro de 2011). "Kaurismaki's 'Le Havre' to rep Finland at Oscars". Variety. Consultado o 2011-09-14. 
  4. "63 Countries Vie for 2011 Foreign Language Film Oscar". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2011. 
  5. "9 Foreign Language Films Vie for Oscar". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2012. Consultado o 19 de xaneiro de 2012. 
  6. "Synopsis" (PDF). English press kit Le Havre. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22-08-2011. Consultado o 21-05-2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar