O lazo rosa é un símbolo internacional usado por persoas, compañías e organizacións que se comprometen a crear conciencia sobre o cancro de mama.

O lazo rosa, símbolo da loita contra o cancro de mama

Obxectivo editar

O primeiro lazo rosa foi introducido pola Fundación Susan G. Komen do Cancro de Mama, que regalou viseiras rosas ás sobreviventes do cancro de mama que estaban a correr no maratón pola cura dende finais do ano 1990. Un par de meses despois, no ano 1991 cada participante da carreira da cidade de Nova York recibiu un lazo rosa. Porén, o lazo non tiña grande importancia para eles, xa que era máis un pequeno detalle que un evento tan importante.

Nos anos noventa, os activistas pola causa da SIDA sentíronse inspirados polo impacto que podía xerar un simbólico lazo vermello e decidiron emprender unha campaña para que, desta maneira a xente puidese apoiar esta causa. O lazo da loita contra a SIDA representa a cor da paixón. Durante os premios Tony, o actor Jeremy Irons foi fotografado cun lazo vermello brillante sobre o seu peito. Mentres o público continuaba vendo a entrega de premios, o lazo seguía chamando a atención tamén, e fíxose popular da noite para a mañá. O ano 1992 foi declarado por The New York Times como o ano do lazo.

Alexandra Penney, quen era en 1992 a editora de Self, unha revista de saúde para mulleres, estivo a traballar na segunda edición anual da Concienciación sobre o Cancro de Mama (NBCAM). A que fora a vicepresidenta xeral de Estée Lauder, Evelyn Lauder recibiu a invitación para ser a editora convidada da edición NBCAM de 1992. Penny e Lauder empezaron coa idea de facer lazos e obter o apoio do xigante de cosméticos, para distribuílos a través das tendas na cidade de Nova York. Evelyn Lauder comprometeuse a distribuír os lazos por todo o país.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar