Lazo solidario

O lazo vermello úsase en todo o mundo como emblema da loita contra a sida

Os lazos solidarios son pequenas fitas de tea, dobradas en forma de lazada, que se usan en distintas partes do mundo para indicar o apoio a unha causa social ou de solidariedade. As persoas que levan ese lazo na lapela expresan a súa solidariedade en relación a un problema determinado, que vén indicado por distintas cores. Aínda que en principio cada causa estaba en relación cunha cor, a proliferación de lazos solidarios ao longo e largo do mundo levou a que algunhas causas, como a loita contra o alzhéimer, empreguen lazos morados e lazos brancos, ou que unha mesma cor poida significar causa diversas: o lazo vermello pode representar loita contra a sida pero tamén loita contra a droga.

Os lazos comezaron sendo de pequeno tamaño e axeitados para prender na lapela da chaqueta ou no peito da camisa ou da camiseta. Porén, a expansión desta corrente levou a que se deseñasen variantes para prender nas antenas dos coches, ou que se producisen lazos de gran tamaño para pendurar de edificios públicos, árbores ou balcóns.

Lazos galegosEditar

Ademais dos lazos de uso internacional, en Galiza tivo especial incidencia o lazo negro, símbolo da protesta cidadá contra a xestión do afundimento do Prestige, en 2002.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar