Laura M. Castro

enxeñeira informática

Laura Milagros Castro Souto, nada en Madrid en 1980,[1] é unha enxeñeira informática profesora e investigadora na Universidade da Coruña.

Modelo:BiografíaLaura M. Castro
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
Actividade
Ocupaciónenxeñeira Editar o valor en Wikidata

Dialnet: 2608289

Traxectoria

editar

Laura Castro estudou enxeñería informática na Universidade da Coruña, e posteriormente doutorouse en Informática pola mesma universidade. Realizou varias estadías en Houston e en Göteborg.[2] Na actualidade é coordinadora do Grao en Enxeñaría Informática, e investiga a validación automática de software, liderando a participación da UDC en varios proxectos europeos.[3]

Desde os tempos de estudante , como integrante de GPUL (Grupo de Usuarios e Programadores de Linux), o software libre figura entre as súas inquedanzas, publicando as ferramentas que son  resultado das súas investigacións en repositorios abertos como GitHub. [4]

Está involucrada en iniciativas que promoven a presenza das mulleres na enxeñería[5] e colabora na revista Revirada Feminista.[6]

  1. Castro, Laura M. "Laura M. Castro on about.me". about.me. Consultado o 2021-02-15. 
  2. "LuminísTICas". iesdebrion.com. Consultado o 2021-02-15. 
  3. "Ficha Laura Castro na UDC". UDC. 
  4. "MULLERES TECNOLÓXICAS". Agasol. Consultado o 2021-02-15. 
  5. "Laura M. Castro – Inspira STEAM" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2021. Consultado o 2021-02-15. 
  6. reviradafeminista. "Liberdades fundamentais na informática – I – Revirada" (en portugués). Consultado o 2021-02-15. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar