Laura Insua Calviño

escritora galega


Laura Insua Calviño, nada en Caldas de Reis o 11 de setembro de 1992, é unha escritora galega en lingua castelá, coñecida co pseudónimo de Anya Rit.

Infotaula de personaLaura Insua Calviño
Biografía
Nacemento11 de setembro de 1992 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Caldas de Reis, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesAnya Rit
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou no colexio La Encarnación de Caldas. Con 19 anos publicou a súa primeira novela romántica erótica Encuentra tu lado salvaje[1]. Un ano máis tarde, sacou a segunda parte Rompiendo con las reglas. En febreiro de 2018 adoptou o pseudónimo de Anya Rit, co que publicou Recorriendo tu geografía[2]. Tamén publicou relatos e participou en antoloxías solidarias.

EN 2019 foi a organizadora, xunto coa Asociación de Hostaleiros de Caldas de Reis do evento Tapas con Letras.

Amais da literatura romántica e erótica, entre os temas que abordou figuran a violencia de xénero, as relacións de parella, as pérdidas familiares, etc.

En 2020 publicou A tiempo, novela que forma parte da saga Sin límites.

No 2022 xunto con Queco Fresco consolidaron PerVersos co que fusionan os relatos e a poesía erótica a modo de performance. Representando xa en Vilagarcía, en Vilanova, en Oia...

Na súa páxina de youtube ten narrados algúns dos seus relatos, así como entrevistas coas que se pode coñecer un pouco máis á autora.

No ámbito laboral, está especializada en Comercio Internacional.

Obras editar

  • Encuentra tu lado salvaje (Círculo Rojo, 2012)[3]
  • Rompiendo con las reglas (Punto Rojo, 2013)[4]
  • Recorriendo tu geografía, 2018.
  • Tú & Yo, 2018 (relato).
  • Entre partituras, 2018 (relato).
  • Latido de Navidad, 2018 (relato).
  • Desnudando emociones, 2019, relato que forma parte da antoloxía solidaria "Un sueño de verano".
  • La fruta prohibida, 2019, recompilación de relatos eróticos.
  • El príncipe que se convirtió en bestia, 2019, relato sobre a violencia de xénero.
  • A tiempo, 2020.
  • Carta al cielo, 2020, carta dun neno a un pai falecido.
  • La chica de la bicicleta, 2020
  • Amanecer contigo, 2020
  • San Valentin@: Amor en tiempos de pandemia, 2021
  • Valentin@ tómate un café conmigo, 2021
  • PerVersos (Performance erótica xunto a Queco Fresco), 2022

Notas editar

  1. Encuentra tu lado salvaje, na páxina web da editorial Círculo Rojo.
  2. "A escritora caldense Anye Rit presenta a súa obra en Vilagarcía". Faro de Vigo. 22 de novembro de 2018. 
  3. Cristina Barral (18 de decembro de 2013). "La joven Laura Insua presenta en Caldas su segunda novela". La Voz de Galicia (en castelán). 
  4. Rompiendo las reglas, en Amazon.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar