Latgale
Latgale, tamén coñecida polo nome latinizado de Lategalia, Latgalia ou Letgalia (en idioma latgaliá: Latgola) é unha das catro rexións históricas e culturais de Letonia que recoñece a Constitución letoa. Mais hoxe en día non exerce funcións administrativas, soamente funcións estatísticas e de recollida pública de datos. É a rexión máis oriental ao norte do río Daugava. O río sepáraa de Zemgale e esta limitada ao norte por Vidzeme. Ten unha superficie de 14.600 km², que representa o 22% de Letonia.
Latgola (ltg) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Letonia | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 251.503 (2021) (17,29 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua letoa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 14.547 km² | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Sitio web | latgale.lv |
Historia
editarLatgale, bautizada así polas tribos bálticas latgaliás, foi parte da Inflantia Polaca, Inflantia que é a variación do nome polaco dado a Livonia, coñecida máis oficialmente como Voivodato da Livonia. Posteriormente no Imperio Ruso foi designada como a Gobernatura de Vitebsk.[1]
Mentres que a maioría da poboación letoa é maioritariamente de relixión protestante (luterana) en Latgale predomina a fe católica, seguida da ortodoxa, por influencias polacas e rusas. Esta tradición tiña influencia incluso no patrón de propiedade da terra, a rexión era menos minifundista que as rexións veciñas e aquí a servidume aboliuse moito máis tarde que no resto da actual Letonia. Os campesiños non adoitaban vivir en granxas familiares, como era costume nas terras ao oeste e nas rexións bálticas veciñas, senón en vilas arrodeadas por leiras comunais, divididas por sectores, ao igual que os campesiños en Rusia. Tamén obsérvanse cruces e pequenos santuarios nos camiños, ao estilo católico polaco ou lituano, e influencias eslávicas nos cemiterios, coma cruces teitadas.
Na devandita rexión existe unha gran poboación de etnia rusa, especialmente na cidade de Daugavpils, onde ata a minoría polaca é tan abundante como os cidadáns letóns, a cidade máis poboada da rexión. Krāslava, e Ludza son outras cidades grandes da rexión, cunha importante minoría belarusa. Durante a Gobernatura de Vitebsk a poboación xudía era moi significativa, pero moitos foron vítimas do Holocausto ou emigraron.
Esta rexión é unha das máis pobres e rurais da Unión Europea e ao contrario que o resto de Letonia a maioría da poboación votou contra a adhesión á Unión Europea no referendo organizado para a toma da decisión.
A lingua latgaliá é un idioma cunha tradición literaria diferenciada do letón, tamén considerada a "forma histórica" do letón é comprensíbel polos letóns nun 70%. Durante o censo de 2011, aproximadamente 165.000 persoas declararon coñecemento do latgaliá. A lingua é empregada acotío na rexión e polos seus habitantes cando asentan noutras partes do país, mais a lingua perde falantes anualmente e está considerada en perigo. A lingua rexional non se ensina nas escolas.[2]
Xeografía
editarDemografía
editarA data de 2 de decembro de 2023 tiña 255,627 habitantes. Os datos estatísticos por distritos son:[3]
Augšdaugavas | 25,927 |
Balvu | 19,015 |
Daugavpils | 80,627 |
Krāslavas | 21,459 |
Līvānu | 10,636 |
Ludzas | 21,777 |
Preiļu | 16,759 |
Rēzekne | 26,839 |
Rēzeknes | 32,588 |
Notas
editar- ↑ "Historic Places: Yoiimi 2 Nortiiirn Liuropi". Scribd (en inglés). Consultado o 2023-12-03.
- ↑ "Latgalian". languagesindanger.eu (en inglés). Consultado o 2023-12-03.
- ↑ "Latvia: Administrative Division (Regions and Municipalities) - Population Statistics, Charts and Map". www.citypopulation.de. Consultado o 2023-12-03.