Last of the Dogmen

filme de 1995 dirixido por Tab Murphy

Last of the Dogmen é un filme estadounidense dirixido por Tab Murphy que se estreou en 1995. Ambientado nas montañas do noroeste de Montana, preto de Idaho e da fronteira con Canadá, o filme conta a historia dun cazador de recompensas que persegue a fuxitivos convictos e descobre un grupo de "Guerreiros can" da tribo india dos cheyennes. O filme foi rodado en localizacións de Alberta e de Columbia Británica.[1]

Last of the Dogmen
Ficha técnica
Título orixinalLast of the Dogmen
DirectorTab Murphy
ProdutorJoel B. Michaels
GuiónTab Murphy
IntérpretesTom Berenger
Barbara Hershey
MúsicaDavid Arnold
FotografíaKarl Walter Lindenlaub
MontaxeRichard Halsey
EstudioCarolco Pictures
DistribuidoraSavoy Pictures
(Norte América)
Pathé
(Internacional)
Estrea8 de setembro de 1995
Duración118 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroWestern
Na rede
IMDB: tt0113617 Filmaffinity: 878996 Allocine: 35382 Rottentomatoes: m/last_of_the_dogmen Mojo: lastofthedogmen Allmovie: v135024 TCM: 80890 TV.com: movies/last-of-the-dogmen Netlix: 686396Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Lewis Gates (Tom Berenger), un destro rastreador de Montana, é contratado para atopar uns presos fuxidos que se agocharon nas montañas. Na súa busca dos prófugos, Gates descobre, coa axuda dunha antropóloga (Barbara Hershey), probas da existencia dunha tribo de indios cheyennes que viven nas montañas dos EEUU illados do mundo exterior.

Personaxes editar

Notas editar

  1. "Last of the Dogmen". Internet Movie Database. Consultado o 2 de febreiro de 2012. 
  2. "Full cast and crew for Last of the Dogmen". Internet Movie Database. Consultado o 2 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar