Laspra
Coordenadas: 43°34′00″N 5°59′00″O / 43.56667, -5.98333 Laspra, en asturiano Samartín de L'Aspra,[1] é unha parroquia civil do concello de Catrillón, no Principado de Asturias.
XeografíaEditar
Situada na zona norte do concello, limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste coa parroquia de Salinas, ao sur e o sueste coa de Quiloño, e ao oeste coas de Santa María del Mar e Santiago del Monte.
A ela pertence a vila de Piedras Blancas, a capital do concello.
Ocupa unha extensión de 4,36 km² e, segundo o censo de 2018, contaba cunha poboación de 11 576 habitantes,[2] polo que, nese ano, a súa densidade de poboación era de 2 627,29 hab./km². A súa poboación representaba o 51,19 % do concello de Castrillón.
SubdivisiónsEditar
A parroquia comprende 1 vila, 3 pobos e 8 lugares.
Segundo o nomenclátor de 2009,[2] a parroquia estaba formada polas poboacións de:
- Piedras Blancas (vila): 9 544 habitantes.
- San Martín de Laspra (Samartín de L'Aspra) (pobo): 240 habitantes.
- Valboniel (pobo): 136 habitantes.
- Vegarrozadas (pobo): 315 habitantes.
- Arnao (Arnáu) (lugar): 175 habitantes.
- Camino Quiloño (Quiloñu) (lugar): 7 habitantes.
- Campiello (Campiellu) (lugar): 48 habitantes.
- La Castañalona (lugar): 399 habitantes.
- Las Piñeras (lugar): 19 habitantes.
- El Pontón (lugar): 634 habitantes.
- Quinta del Misterio (La Quinta'l Misteriu) (lugar): 0 habitantes.
- Villar (lugar): 59 habitantes.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Sociedad Asturiana de Estudios Económicos e Industriales. Nomenclátor de entidades de población de Asturias 2008. Consultado o 27 de decembro de 2020.