Lar (deus)

divindades romanas

Os deuses lares[1] (latín: lares ; arcaico: lasēs , singular: lar ) foron divindades gardiás da antiga relixión romana. A súa orixe é incerta; puideron ser heroes antepasados, gardiáns do fogar ( lares domestici ), da terra ( lares rurales ), dos camiños ( lares viales ), dos límites, da fecundidade, etc.

Estatuiña de bronce dun Lar danzante sostendo un ritón e un prato pátera, probablemente de Campania, século I.

Críase que os lares observaban, protexían e influían en todo o que acontecía dentro dos límites da súa localización ou función. As estatuas de Lares domésticos colocábanse na mesa durante as comidas familiares; a súa presenza, culto e bendición parece que eran necesarios en todos os eventos familiares importantes. Os escritores romanos ás veces identifícanos con divindades ancestrais, Penates domésticos e o fogar.

Debido a estas asociacións, os Lares ás veces son catalogados como deuses domésticos, pero algúns tiñan dominios moito máis amplos. As estradas, as vías marítimas, a agricultura, a gandería, as vilas, as cidades, o estado e os militares estaban baixo a protección do seu particular Lar ou Lares. Os que protexían os barrios locais ( vici ou vicus ) estaban aloxados nos santuarios das encrucilladas ( lares compitales ), que servían de núcleo para a vida relixiosa, social e política das súas comunidades locais, maioritariamente plebeas.

Comparado coas principais divindades de Roma, os Lares tiñan un alcance limitado, pero as evidencias arqueolóxicas e literarias acreditan o seu papel central na identidade romana e na vida relixiosa do día a día. Por analoxía, un romano con destino de volta a casa poderíase describir como regresando ad Larem (ao lar).

A pesar das prohibicións oficiais dos cultos non cristiáns a partir de finais do século IV, os cultos non oficiais aos Lares persistiron ata polo menos principios do século V.

Notas

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.