Lanterna eléctrica

Unha lanterna eléctrica é un aparello portátil de alumamento que funciona por medio de pilas ou baterías eléctricas.

Unha lanterna de cor negra.

Características editar

As lanternas eléctricas adoitan estar compostas dunha carcasa que alberga as pilas e a bombilla. Son primarias, é dicir, que producen luz propia non reflectida.

Algúns modelos incorporan varios tipos de alumeamento na mesma lanterna: unha lámpada fluorescente, un intermitente para sinalización e un dispositivo óptico para obter un haz luminoso dirixíbel.

A vantaxe que ten o emprego de lámpadas fluorescentes é que o seu rendemento é maior, e polo tanto, producen máis iluminación cun baixo consumo de enerxía, favorecendo o menor desgaste de pilas ou baterías. Porén, esta é unha luz moi difuminada que non serve para alumar obxectivos concretos, e é máis axeitada para alumar unha estancia, coma unha pequena habitación ou o interior dunha tenda de campaña.

 
Lanterna Led.

Outra nova tecnoloxía que pode alongar a duración das baterías ou pilas consiste en substituír a bombilla por varios díodos led de alta potencia. Ao ser o consumo dun led considerabelmente reducido, as baterías teñen unha maior durabilidade. Os díodos led ofrecen unha luz máis branca cá das bombillas, mais tamén se poden obter en diferentes cores.

Ademais da súa función principal que é a de alumar, as lanternas pódense usar para facer sinais ou indicar unha localización (baliza).

Historia editar

 
Lanterna de 1899.

En 1887 inventouse a primeira batería de células secas. A diferenza das baterías anteriores, utilizaban un electrólito de pasta en lugar dun líquido e eran as primeiras baterías para os dispositivos eléctricos portátiles, xa que non se derraman nin se rompen doadamente e funcionan con calquera orientación. As primeiras baterías secas producidas en masa chegaron en 1896, e a invención das luces eléctricas portátiles seguiu pronto. As luces eléctricas portátiles manuais ofrecían moitas vantaxes en conveniencia e seguridade sobre os fachos, as candeas e as lanternas (de combustión). A lámpada eléctrica era inodora, sen fume e emitía menos calor que a iluminación de combustión. Podíase acender e apagar ao instante, e evitar o risco de incendio.

O 10 de xaneiro de 1899, o inventor británico David Misell obtivo a patente dos Estados Unidos U.S. n.º 617.592, asignada á American Electrical Novelty and Manufacturing Company.[1] Este "dispositivo eléctrico" deseñado por Misell estaba alimentado por pilas "D" dispostas nun tubo de papel coa bombilla e un reflector de latón áspero ao final.[2][3] A compañía doou algúns destes dispositivos á policía da cidade de Nova York, quen responderon favorabelmente.

Notas editar