Alumamento, alumeamento ou iluminación[1] é a acción ou efecto de alumar, unha técnica que se relaciona co conxunto de dispositivos que se instalan co obxectivo de producir certos efectos luminosos, prácticos e decorativos. Co alumamento preténdese conseguir un nivel de luminancia axeitado ao uso que se necesita nun espazo determinado. Este espazo dependerá da tarefa que os usuarios teñan que realizar. Dentro do ámbito relixioso, denomínase "iluminación" ao esclarecemento interior místico experimental ou racional.[2]

Alumamento do platetario de Hamburgo (Alemaña) ao amencer.
Alumamento de árbores en Nadal.
Alumamento interior de teatro na Arxentina.
Alumamento con láser nun concerto.

Estilos de iluminación

editar
De manchas

Cando o decorado está escasamente alumado por unha débil luz difusa, o conxunto de manchas luminosas distribúense polas superficies e os perfís deste.

De zonas

Créase unha serie escalonada de zonas de luz que vai de maior a menor intensidade. É unha maneira de captar a atención: créase un ambiente onde a distancia entre estas zonas percíbese mellor.

De masas

Imita o efecto natural da luz.

Eficiencia enerxética en alumeamento

editar

O rendemento lumínico das lámpadas incandescentes é de 10 lm/W (lúmenes por vatio). As lámpadas incandescentes halóxenas teñen un rendemento lumínico de 20 lm/W. A vida útil deste tipo de lámpadas é de 1.000 a 2.000 horas.

As lámpadas de mercurio de alta presión alcanzan un rendemento de 40 a 55 lm/W e a súa duración é de 15.000 horas; utilízanse no alumamento público ou de grandes espazos. As lámpadas de mercurio haloxenadas inclúen un aditivo de haloxenuro metálico que engade máis bandas de emisión, co cal o seu rendemento lumínico alcanza os 80 lm/W; úsanse para alumado interior ou exterior de fachadas, monumentos, etc. A súa rotura ceiba o vapor de mercurio que incrementa o risco de envelenamento por mercurio.

As lámpadas de sodio de alta presión acadan un rendemento de 100 a 120 lm/W, cunha vida de até 16.000 horas. Úsanse no alumeado público.

Os tubos fluorescentes teñen un rendemento de 60 a 80 lm/W, cunha duración de 10.000 horas. Son utilizados en alumeamento interior.

As bombillas de baixo consumo, propiamente denominadas en inglés compact fluorescent lamp (ou CFL), teñen un rendemento algo menor có dun fluorescente clásico: 55 lm/W.

Os díodos emisores de luz (ledes) teñen rendementos comúns de 55 lm/W nas súas versións máis coñecidas, mais nos últimos anos este aspecto ten sido bastante mellorado (en especial tralo desenvolvemento de ledes de alumamento de cores azul e branca) e comercialízanse con rendemento de 90 lm/W (P7) e mesmo 110 lm/W, conseguindo así un novo motivo para abrirse paso no mercado; comunmente úsanse en alumeamento de interiores, lámpadas de estudio, vitrinas, sinalización de automóbiles e en usos arquitecturais.

Tamén é relevante a eficiencia na absorción de cores polo ollo humano, pois o verde será absorbido en máis de dez veces ca o morado, xa que a eficiencia dos conos de cor ao absorber esas frecuencias é moi baixa.

Existen diversas tecnoloxías de control do alumamento: regulación de potencia, sensores de proximidade, combinación luz natural-luz artificial, dobre alumeamento e alumeamento selectivo.[3]

  1. Alumamento no Portal das palabras.
  2. Diccionario de Arte I (en castelán). Biblioteca de Consulta Larousse. Spes Editorial SL (RBA), Barcelona, 2003. Páxina 294.
  3. Eficiencia energética en iluminación (en castelán). Arquivado en Archive.org.