Lamiako, é un barrio do municipio biscaíño de Leioa. Limita co río Nervión, Areeta de Getxo, Astrabudúa de Erandio e con outros barrios de Leioa.

Modelo:Xeografía políticaLamiako
Imaxe

Localización
Mapa
 43°19′12″N 3°00′10″O / 43.31997, -3.00275Coordenadas: 43°19′12″N 3°00′10″O / 43.31997, -3.00275
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco
ProvinciaBiscaia
ComarcasGran Bilbao
MunicipioLeioa Editar o valor em Wikidata

Características editar


Posiblemente sexa o barrio máis pobre da localidade e o máis industrializado, pero actualmente está nunha profunda remodelación. Na actualidade[cando?] estanse substituíndo gran número de vivendas antigas por grandes bloques de edificios e planéase desprazar toda a industria da zona.

A súa estratéxica localización, a escasos 5 minutos andando do centro de Areeta, con parada de metro no centro do barrio, e acceso rápido á autoestrada A-8 fan que este barrio teña posibilidades de converterse nunha zona residencial de nivel económico medio-alto no curto prazo.

O nome de Lamiako deriva do vocábulo lamia (lugar de lamias).

As lamias son personaxes da mitoloxía vasca. Mulleres fermosas de longas melenas louras e pés de pato que realizaban actos de bruxería co diaño.

As festas de Lamiako son o último fin de semana de maio e teñen como prato forte Lamiako Maskarada (o último venres de maio ás 22:30 xunto á igrexa).