Laker Airways foi unha aeroliña privada británica fundada por Sir Freddie Laker en 1966. Orixinalmente era unha aeroliña chárter de carga e pasaxeiros que voaba a todo o mundo. A súa sede estaba localizada no aeroporto de Gatwick en Crawley, Inglaterra.[1]

Laker Airways
IATA
GK
OACI
LKR
Indicativo
LAKER
Fundación29 de xullo de 1966
Fin das operacións5 de febreiro de 1982
Frota20 (en febreiro de 1982)

A compañía converteuse na segunda aeroliña de baixo custo de longa distancia en 1977, operando servizos regulares de tarifas baixas entre o aeroporto de Londres-Gatwick e o aeroporto John F. Kennedy de Nova York (despois da pioneira aeroliña de baixo custo islandesa Loftleiðir).[2] A compañía non sobreviviu á recesión de principios dos anos 80 e operou o seu derradeiro voo o 5 de febreiro de 1982, o día que entrou en bancarrota.

Laker operou os seguintes modelos de avións ao longo da súa historia:[3]

  1. World airline directory, Flight International, 16 de maio de 1981, p. 1445.
  2. Gatwick Airport: The first 50 years, Woodley, C., The History Press, Stroud, 2014, p. 95
  3. "Aviation Photo Search". Airliners.net. Consultado o 2022-05-15. 
  4. "VC10 G-ARTA". web.archive.org. 2011-10-06. Archived from the original on 06 de outubro de 2011. Consultado o 2022-05-15.