Abrir o menú principal
O Lago Assal (Xibutí) é o lago máis salino fóra da Antártida

Un lago hipersalino é un corpo de auga pechado que contén concentracións altas de cloruro sódico ou outros sales, con niveis salinos que sobrepasasn os da auga de mar (3,5%, é dicir, 35 g/L). Nestes ambientes de alta salinidade poden prosperar microbios e crustáceos especializados[1] pero son augas hostís para a maioría das formas de vida. Algunhas desas especies entran en estado dormente cando se desecan, e algunhas especies crese que sobreviviron durante 250 millóns de anos.[2] A auga dos lagos hipersalinos ten unha gran flotabilidade debido ao alto contido de sal.

ExemplosEditar

O corpo de auga máis salgada do mundo é a lagoa Don Juan, situada nos Vales secos de McMurdo da Antártida. O seu volume é duns 3 000 m3, pero está cambiando constantemente. A lagoa de Don Juan ten un nivel de salinidade dun 44%,[3] (é dicir, é 12 veces máis salgada que a auga de mar). A súa alta salinidade impide que se conxele incluso con temperaturas polares de -50 °C.[3] Hai grandes lagos hipersalinos neses vales antárticos, como o lago Vanda cunha salinidade do 35% (é dicir, 10 veces maior que a do océano). Están cubertos de xeo en inverno.

Fóra da Antártida o lago máis salino é o lago Assal de Xibutí,[4] que ten unha salinidade do 34,8% (unhas 10 veces a do océano). Probablemente os lagos hipersalinos máis coñecidos son o mar Morto (34,2% de salinidade en 2010) e o Gran Lago Salgado (do 5 ao 27% de salinidade variable). O mar Morto que separa Israel de Cisxordania, é o lago hipersalino situado máis por debaixo do nivel do mar e a lagoa Araruama é o lago hipersalino máis grande do mundo.[5] O Gran Lago Salgado, situado en Utah, aínda que ten o triplo da superficie do mar Morto, ten pouca profundidade e experimenta fortes flutuacións do seu nivel, maiores que as do mar Morto. Nos seus niveis menores rexistrados, aproxímase a 7,7 veces a salinidade do mar, pero cando o seu nivel é alto, a súa salinidade baixa a só un pouco máis que a salinidade mariña.[6][7][8]

Os lagos hipersalinos encóntranse en todos os continentes, especialmente en rexións áridas e semiáridas.[9]

NotasEditar

  1. Hammer, Ulrich T. (1986). Saline lake ecosystems of the world. Springer. ISBN 90-6193-535-0. 
  2. Vreeland, R.H.; Rosenzweig, W.D. & Powers, D.W. (2000). "Isolation of a 250 million-year-old halotolerant bacterium from a primary salt crystal". Nature 407 (6806): 897–900. PMID 11057666. doi:10.1038/35038060. 
  3. 3,0 3,1 Marion, G.M. (1997). "A theoretical evaluation of mineral stability in Don Juan Pond, Wright Valley, Victoria Land". Antarctic Science 9: 92–99. doi:10.1017/S0954102097000114. 
  4. Quinn, Joyce A.; Woodward, Susan L., eds. (2015). Earth's Landscape: An Encyclopedia of the World's Geographic Features [2 volumes]. ABC-CLIO. p. 9. ISBN 978-1-61069-446-9. 
  5. Goetz, P.W., ed. (1986). The New Encyclopædia Britannica 3 (15th ed.). p. 937. 
  6. Wilkerson, Christine. "Utah's Great Salt Lake and Ancient Lake Bonneville, PI39 – Utah Geological Survey". Geology.utah.gov. Arquivado dende o orixinal o 2010-08-15. Consultado o 2010-08-03. 
  7. Allred, Ashley; Baxter, Bonnie. "Microbial life in hypersaline environments". Science Education Resource Center at Carleton College. Consultado o 2010-06-17. 
  8. Kjeldsen, K.U.; Loy, A.; Jakobsen, T.F.; Thomsen, T.R.; et al. (May 2007). "Diversity of sulfate-reducing bacteria from an extreme hypersaline sediment, Great Salt Lake (Utah)". FEMS Microbiol. Ecol. (U.S. National Library of Medicine, National Institutes of Health) 60 (2): 287–298. PMID 17367515. doi:10.1111/j.1574-6941.2007.00288.x. 
  9. Shadrin, N.V. (2009). "The Crimean hypersaline lakes: towards development of scientific basis of integrated sustainable management" (PDF). Institute of Biology of the Southern Seas. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de febreiro de 2015. Consultado o 2015-02-20. 

Véxase taménEditar