Lago de Aiguebelette

Coordenadas: 45°33′N 5°47′L / 45.550, -5.783

O lago de Aiguebelette é un lago natural de orixe glaciar situado en Francia, no departamento de Savoia, rexión de Auvernia-Ródano-Alpes.

Panorámica do lago de Aiguebelette

Xeografía editar

Situado a unha altitude de 373 msnm, ten unha lonxitude de 2,8 km, unha achura de 3,8 km e unha profundidade máxima de 71 m.

O seu volume de auga é de 166 millóns de m3.

Na parte sur do lago hai dúas illas, rodeadas de xunqueiras.

Lago de propiedade privada editar

O lago de Aiguebelette é un lago privado, propiedade da familia Rivérieulx de Chambost de Lépin e de Electricité de France, que confiaron a súa xestión á "Comunidade das Comunas de Lac d'Aiguebelette".

Protección editar

Co fin de preservar a calidade das súas augas e do seu medio, as embarcacións a motor están prohibidas no lago desde a publicación dun decreto de 1967.[1]

Reserva de auga doce editar

Este lago é a primeira reserva natural rexional de auga doce de Francia, desde marzo de 2015.[2]

Notas editar