Lago Turkana
O lago Turkana, antes coñecido como lago Rodolfo, é un lago situado no Gran Val do Rift en Kenya, aínda que a parte máis ao norte do lago entra en Etiopía. O lago mide de norte a sur 300 km e ten un largo de 40 km e cobre unha área de 6.405 km², o que o converte no lago permanente máis grande presente dun deserto, tamén é o maior lago alcalino do mundo. A área do lago é quente e moi seca. A xeoloxía é predominantemente volcánica. Tres ríos desembocan no lago: o río Omo, o río Turkwele o río Kerio, pero a única saída natural de auga é a evaporación, o que non impediu que entre 1975 e 1993 o nivel da auga do lago caese dez metros.
Tipo | Lago salgado lago endorreico | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Parques Nacionais do Lago Turkana (pt) | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Efluente do lago | Evaporación | |||
Características | ||||
Altitude | 360 m | |||
Profundidade | 109 m | |||
Dimensións | 32 () × 290 () km | |||
Superficie | 6.405 km² | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 130.860 km² | |||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
Medicións | ||||
Volume físico | 203.600 hm³ | |||
Coñecido polos habitantes locais como lago Bussa, o conde Samuel Teleki e o tenente Ludwig von Höhnel déronlle o nome de lago Rodolfo en 1888, e en 1975 rebautizouse como Turkana. Os gabbra, rendille e turkana son os pobos que habitan a rexión e vense poucos turistas polo lago.
O lago Turkana é rico en Lates niloticus (perca do Nilo e tilapia, e a máis grande poboación de crocodilos do Nilo, arredor de 14.000 arredor da Illa Central. A presenza de auga nunha rexión árida fai un lugar importante de fornecemento para as aves migratorias. Leóns, guepardos, xirafas e outras especies de mamíferos viven na rexión.
Richard Leaky dirixiu numerosas expedicións antropolóxicas na área que levaron a importantes descubertas de homínidos. O Cranio 1470, de 2 millóns de anos de antigüidade, atopouse en 1972, pensouse nun principio que era un Homo habilis, pero asignouse a unha nova especie, Homo rudolfensis, polo entón nome do lago. Descubriuse en 1984, o neno de Turkana, un esqueleto case completo dun neno de nove anos de Homo erectus. Máis recentemente, 1999, Meave Leakey descubriu un cranio de 3'5 millóns de nos, denominado Kenyanthropus platyops.